El é a nosa paz, quen dos dous fixo un-Ef 2, 13-18
Domingo 16 do Tpo. Ordinario - ciclo B
SER PAN
Pode ser bonito,
pero desde logo non é nada fácil facerse
pan.
Significa que xa
non podes vivir en ti,
senón para os outros.
Significa que xa
non podes posuír nada,
nin cosas, nin tempo, nin liberdade, nin
saúde:
todo o teu xa non é teu,
é de e para os outros.
Significa que has
de estar enteiramente dispoñible,
a tempo completo.
xa non podes protestar, se te esixen moito,
se te molestan demasiado, se te chaman
a calquera hora e para calquera cousa.
Significa que tes
que ter paciencia e mansedume,
coma o pan, que se deixa amasar, cocer e
partir.
Significa que tes que ser humilde, coma o pan,
que non figura na lista dos pratos exquisitos;
estar aquí, sempre para acompañar.
Significa que tes
que cultivar a tenrura e a bondade,
porque así é o pan, tenro e bo.
Significa que tes que vivir sempre no amor
máis grande,
capaz de morrer por dar vida, coma o pan.
Déixate amasar
polas contrariedades,
os traballos e os servizos a favor dos irmáns.
Déixate cocer polo
fogo do amor e do Espírito.
Así poderás ofrecerte a todos os que teñan
fame.
Luis López
Comentarios
Publicar un comentario