Vaite como profeta ao meu pobo - Amós 7, 12-15

Domingo 15 de Ordinario - ciclo B


SOAMENTE UN CAXATO

Nada para o camiño,
soamente un caxato
para se apoiar cando un canse.

Nada para o camiño,
nin pan nin alforxa,
nin cartos na faixa,
soamente un caxato
para se apoiar cando un canse.

Nada para o camiño,
unhas sandalias lixeiras para os pés,
para poder avanzar máis axiña,
e máis nada; e un caxato
para se apoiar cando un canse.

Nada para o camiño,
un vestido para cubrir o corpo
e facerlle liviá a andadura,
e máis nada; e un caxato
para se apoiar cando un canse.

Nada para o camiño,
senón a ambición do cambio
na propia vida e na dos demais,
e un caxato
para se apoiar cando un canse.

Nada para o camiño,
senón a paz ofrecida sempre
e sempre desexada,
a convivencia gratuíta dos veciños
e un caxato
para se apoiar cando un canse.

Nada para o camiño,
senón a rabia
contra quen frea os cambios
e fai de nós pezas inmóbiles
do seu museo privado,
e un caxato
para se apoiar cando un canse.

Nada para o camiño,
senón a forza
para vencer o mal e os males
e facer xente feliz,
e un caxato
para se apoiar cando un canse.

Señor,
quen nos dará un caxato?
Santo Caxato, ora pro nobis. 



Comentarios

Publicacións populares