Festa da Virxe do Carme

Historia da Devoción 
á nosa Señora
do Monte Carmelo

TEXTO ADAPTADO DE:


Desde os antigos ermitáns que se estableceron no Monte Carmelo, Os Carmelitas foron coñecidos pola súa profunda devoción á Santísima Virxe. Eles interpretaron a nube da visión de Elías (1 Reis 18, 44) como un símbolo da Virxe María Inmaculada.  Xa no século XIII, cinco séculos antes da proclamación da dogma, o misal Carmelita contiña unha Misa para a Inmaculada Concepción.


A Estrela do Mar e os Carmelitas

Os mariñeiros, antes da idade da electrónica, dependían das estrelas para marcar o seu rumbo no inmenso océano. De aquí a analoxía coa Virxe María quen como, Estrela do Mar, nos guía polas augas difíciles da vida cara ao porto seguro que é Cristo.
Pola invasión dos sarracenos, os Carmelitas víronse obrigados a abandonar o Monte Carmelo. Unha antiga tradición dinos que antes de partir aparecéuselles a Virxe mentres cantaban o Salve Regina e ela prometeu ser para eles a súa Estrela do Mar. Por ese belo nome coñecían tamén á Virxe porque o Monte Carmelo se ergue como unha estrela xunto ao mar.
A Virxe é estrela, xa que foi escollida por Deus para ser a súa Nai, a Chea de Graza.

O libro dos I Reis, 18, 45- 51, describe unha pequena nube que, elevándose sobre o mar, anunciou a Elías mentres oraba no monte Carmelo, a chegada da choiva. Esta era unha gran noticia pois anunciaba o fin da grave seca. A Virxe é como esa nube, signo do fin da seca. Xesús é a fonte que nos sacia a sede de Deus.

Xa vimos como os carmelitas, nados espiritualmente no monte Carmelo, chamáronlle á Virxe «Estrela do Mar». Moitos escritores moi antigos tamén lle chamaron así á Virxe: S. Xerónimo (século IV), Isidoro de Sevilla (século VI), Alcuino de York e Rábano Mauro (século IX). Pascasio Radberto escribe no século IX: «María é a Estrela do Mar á que debemos seguir coa nosa fe e comportamento mentres damos tumbos no mar proceloso da vida. Ela iluminaranos para crer en Cristo nado dela para salvación do mundo."


O Himno Ave Maris Stella (Salve Estrela do Mar) é do século VIII ou IX.



VER TAMÉN:
http://xanostesaqui.blogspot.com.es/2012/07/oracion-virxe-do-carme.html
http://xanostesaqui.blogspot.com.es/2015/07/cantos-virxe-do-carme.html

Comentarios

Publicacións populares