Domingo 17 do Tpo. Ordinario B
PRIMEIRA 2 Re 4, 42-44
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO SEGUNDO DOS REIS
Comerán
e sobrará
42Daquela chegou de Baal-Xalixah un home, que
lle traía ó home de Deus o pan das
primicias:
vinte pans de cebada e trigo novo na alforxa. Eliseo díxolle: -"Dállos á
xente, e
que
coman". 43O seu servidor preguntoulle: -"¿Que é isto para cen
persoas?". A iso Eliseo
respondeu:
-"Dállos á xente, e que coman, pois isto di o Señor: comerán e
sobrará". 44El
servíullos
á xente, que comeu; e aínda sobrou, conforme a palabra do Señor.
Palabra do Señor R/. Grazas a Deus
SALMO
RESPONSORIAL Sal 144, 10-11. 15-16. 17-18
R/ (cf
16): Abres ti, Señor, a túa man e dasnos fartura
10Lóuvente,
Señor, as túas obras,
bendígante
os teus amigos.
11Pregoen
a gloria do teu reino,
proclamen
as túas fazañas.
15Tódolos
ollos cara a ti agardan
que ti
lles déa-lo sustento ó seu tempo.
16Abres
ti a túa man
e dáslle
fartura a todo ser vivo.
17O
Señor é xusto nos seus camiños todos,
bo en
tódolos seus feitos.
18O
Señor está cerca dos que o chaman,
dos que
sinceramente o invocan.
SEGUNDA
Ef 4, 1-6
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA DE SAN PAULO APÓSTOLO ÓS EFESIOS
Un
corpo, un Señor, unha fe, un bautismo
Irmáns e
irmás:
4 1Eu,
preso polo Señor, pídovos que camiñedes segundo a dignidade da chamada que
recibistes,
2con total humildade, sinxeleza e paciencia, aturándovos uns a outros con amor,
3esforzándovos
por mante-la unidade do espírito no vínculo da paz. 4Hai un só corpo e un
só
Espírito, do mesmo xeito que se vos chamou a unha única esperanza na vosa
vocación.
5Hai un
só Señor, unha soa fe, un só bautismo, 6e un só Deus e Pai de todos, que está
sobre
todos, por todos e en todos.
ALELUIA Lc 7, 16:
Un
grande profeta apareceu entre nós,
e Deus
visitou o seu pobo
EVANXEO
Xn 6, 1-15
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN
Repartiu
entre os sentados canto quixeron
6 1Foi Xesús á outra banda do Mar de Galilea
(o de Tiberíades). 2Seguíao unha chea de
xente,
porque viran os sinais que facía nos enfermos. 3Subiu Xesús ó monte e sentou
alí
cos seus
discípulos. 4Estaba a chega-la Pascua, a festa dos xudeus. 5Levantou a vista
Xesús e,
vendo vir tanta xente cara a el, díxolle a Felipe:
-¿Onde
imos mercar pan, para que coma esta xente? 6(Isto dicíao para tantealo, que el
ben
sabía xa
o que ía facer).
7Respondeulle
Felipe:
-Nin
medio ano de xornal chega para que cada un deles reciba un codelo.
8Un dos
seus discípulos, Andrés, o irmán de Simón Pedro, díxolle:
9-Hai
aquí un rapaz que ten cinco bolos de pan de cebada e dous peixes. Claro que,
¿que é
iso para
tantos?
10Xesús
ordenou:
-Facede
senta-la xente.
Había
moita herba naquel sitio. E sentaron como uns cinco mil homes. 11Entón colleu
Xesús os
pans e, dando gracias, repartiu ós sentados canto quixeron e o mesmo os peixes.
12Cando
se fartaron, díxolles ós seus discípulos:
-Recollede
os anacos sobrantes, para que non se estrague nada.
que lles
sobraran ós que comeron. 14O veren aqueles homes o sinal que fixera, dicían:
"Este
si que é o profeta que había de vir ó mundo".
15Entón
Xesús, decatándose de que o ían vir coller para proclama-lo rei, retirouse só
outra
vez ó
monte.
Palabra do Señor R/ Loámoste, Cristo
UNHA CASA PARA TODAS AS
PERSOAS ONDE O QUE SOBRE NON SE TIRE, SENÓN QUE SE GARDE E SE COMPARTA
TOMADO DE: http://remoldapalabra.blogspot.com.es/
POWER POINTS:
CANTO GOZOSO
ESCOITA ACTIVA
Como nos custa entender e practicar que é necesario
gardar, aproveitar, reutilizar e compartir as cousas! Estamos a crear unha
cultura do agora e xa, e do só para agora; polo que o de aproveitar e gardar
para outras veces vaise perdendo pouco a pouco. Ata non hai moito a roupa
iámola pasando duns irmáns a outros; o que sobraba da comida do mediodía
ceábase; cando comprabamos algo sempre buscabamos o que podía durar máis
tempo... Agora todo mudou, e xa tamén nós imos entrando na dinámica do para un
tempo, para un só uso, e canto sobra hai que tiralo. Non é de estrañar que os
colectores de lixo estean cheos e non haxa vertedoiros que nos cheguen. Porén,
Xesús, volve insistir hoxe na importancia e necesidade de gardar, aproveitar e
recoller as cousas para que poidan valer para outros veces. Seremos capaces de
poñelo en practica nós e logo ensinárllelo aos máis novos, aos que veñen tras
de nós?.
CORAZÓN
MISERICORDIOSO
Polas veces nas que
non valoramos nin agradecemos o moito que temos, SEÑOR, QUE NON
ESTRAGUEMOS CANTO POIDAMOS COMPARTIR.
Polas veces nas que
non somos capaces de coidar e recoñecer a importancia dos amigos,CRISTO, QUE
NON ESTRAGUEMOS CANTO POIDAMOS COMPARTIR.
Polas veces nas que
temos convertido as nosas relacións coas persoas en simples acordos económicos
e interesados, SEÑOR, QUE NON
ESTRAGUEMOS CANTO POIDAMOS COMPARTIR.
PALABRA ENRAIZADA
· O que resoa da
primeira lectura do libro dos Reis que temos escoitado é esa invitación a
compartir: “dállos á xente para que coman...”. Como poder entender, senón, a
confesión nun Deus que ama, acolle, perdoa e sempre ofrece misericordia! Se El
é capaz de mostrársenos dese xeito, como non o imos facer nós tamén uns para
cos outros. Todos temos a experiencia de compartir, de repartir con outro/s e
de chegar para todos. É máis, cando ten sido así, ninguén queda con fame porque
descubre que fixo posible que outros puideran comer. Nunca tanto coma hoxe esta
palabra se ten feito realidade. Neste tempo de vacas fracas, no que o que antes
sobraba agora non chega, é un bo momento, non só para abrir a man ao compartir,
senón tamén para pensar o importante que é pararnos areflexionar sobre cales
han ser os eixes da nosa vida, os principios, as opcións que a guíen, os
valores e actitudes sobre as que temos que ila desenvolvendo. Cando o tempo, o
saber, as cousas, as capacidades... se poñen ao servizo dos demais e non se
gardan nin enterran nun só, ninguén queda nas beiras e a fartura da que nos
fala Deus móstrase como rostro humano e solidario.
· Poñerlle rostro e
imaxe ás nosas actitudes vainos humanizando e axudándonos a descubrir que nin a
fe se pode reducir aos rezos de dentro da igrexa nin se pode converter nun
conxunto de normas que quen non as cumpre, ou non é capaz de cumprilas, non ten
outra que borrarse e apartarse do seu camiñar como Igrexa. Cando entenderemos
que se Deus non exclúe, nós non somos quen de facelo! Quen somos nós para
decidir que os que comparten con nós a mesma dignidade son uns ninguén,
namentres nós crémonos posuidores da verdade e do dedo que sinala e dirixe quen
pode e quen non pode ser dos nosos? Deus non fai exclusións, por que nos
arrogamos, entón, ese cometido? Paulo dicíalle aos Efesios que tiñan que baixar
os fumes; que o camiño polo que ían non era o que respondía ao seguimento de
Xesús, que as actitudes de superioridade e autosuficiencia había que
desterralas, por iso lles propón –nos propón tamén a nós– un estilo de vida que
responde á invitación de Xesús: humildade, mansedume,unidade, paz... e todo
desde unha mesma fe, celebrada, compartida e vivida como resposta á chamada
que, nunha mesma dignidade, invítanos a non pasar pola vida sen mirar ás
beiras, porque nelas, como insiste unha e outra vez o papa Francisco, están os
descartados dos que pensan que non hai máis mirada que a de fronte. Saber mirar
para os lados lévanos a percibir que a sola fe, o so
bautismo e o so Señor fanse visibles desde a humanidade do noso corazón para
cos “ninguén” aos que os poderosos ignoran e dos que prescinden.
· Por iso entendemos
entón as palabras de Xesús no evanxeo, ao chamar a entrar na metodoloxía do seu
proxecto –da súa proposta e estilo de vida-, un proxecto que se ha mover entre
a chamada que El nos fai e a resposta que nós deamos. E que se vai
desenvolvendo poñendo en práctica o sentar con quen nolo pida; sabendo erguer a
vista para mirar aos ollos; invitando a outros que tamén senten e compartan; e
sempre sen sentir vergoña de recoller os anacos que, namentres para outros son
sobrantes, para nós son persoas necesitadas do cariño que lle negaron, da
solidariedade que outros converteron no seu propio aproveitamento e a paciencia
e fidelidade, diante dos atrancos, mentiras e dificultades que vaian poñendo no
camiño os poderosos para que non os molesten nin os impliquen. Os sobrantes dos
que mandan e deciden, seguen a ser, tamén hoxe, os preferidos de Deus. Tamén o
son para nós?.
FRATERNIDADE ORANTE
Unamos palabra e
corazón para sentir o gozo de compartir unha mesma oración mirando para as
beiras nas que están os preferidos de Deus, inda que non o sexan dos que
deciden e mandan. Desde esta oración que nos une dicimos xunt@s:
SEÑOR, QUE SAIBAMOS
APROVEITAR O QUE TEMOS
* Pola Igrexa, para
que loite, se implique e non abandone nunca a palabra de esperanza que nos invita
a recoller e valorar o sobrante, nun momento da historia no que os pequenos e
débiles ven ameazada a súa vida e dignidade ao ser tratados como números e
tantos por cento, OREMOS.
SEÑOR, QUE SAIBAMOS
APROVEITAR O QUE TEMOS
* Para que nas nosas
comunidades agrome de verdade a preocupación polos excluídos, polos que sofren,
polos que se senten sobrantes aos que ninguén se achega nin lles presta
atención, OREMOS.
SEÑOR, QUE SAIBAMOS
APROVEITAR O QUE TEMOS
* Para que nós vaimos
construíndo a nosa vida desde actitudes pacientes que non se deixan envolver
polas treboadas efémeras que fan moito barullo, pero que van deixando pousos de
esquecemento, abandono e tristeza nos corazóns e vidas das persoas, OREMOS.
SEÑOR, QUE SAIBAMOS
APROVEITAR O QUE TEMOS
* Para que neste día
no que en toda a Igrexa facemos memoria agradecida do traballo, entrega e
xenerosidade dos avós, tamén nós saibamos mostrarlle o noso agarimo e o
recoñecemento sincero e comprometido do seu labor, sen o cal moitas familias
veríanse, neste momento de crise e dificultade, no máis absoluto abandono,
OREMOS.
SEÑOR, QUE SAIBAMOS
APROVEITAR O QUE TEMOS
Grazas, Señor, por abrirnos os ollos e o corazón a ver
a realidade máis alá das nosas propias comodidades e preguizas. P.X.N.S. Amén.
MIRADA DE ESPERANZA
Noso Pai: necesitamos do teu Espírito:
·
para comprender as
necesidades de todas as persoas
·
para participar con
xenerosidade nos teus plans
·
para iniciar nesta
vida a salvación da vida eterna
·
para responder ao
Evanxeo coa promoción da fe
·
para superar o
materialismo que impregna as nosas vidas
·
para sumarnos ao
esforzo actual de solidariedade
·
para comprometernos
en promover a paz e a xustiza
·
para encher o noso
corazón da túa presenza
·
para renovar a nosa
forma de orar e meditar.
Comentarios
Publicar un comentario