Comerán e sobrará - 2 Re 4, 42-44
Domingo 17 do Tpo. Ordinario - ciclo B
GRAZAS
POLO SENTIDO DO GUSTO
Grazas
polo sentido do gusto,
polos
meus gustos concretos
e os sabores que podo
distinguir
e teño a sorte de probar.
Grazas
pola comida compartida,
pola
túa Palabra narrada como Boa Nova
arredor da mesa.
Non
deixes que a lingua se me volva
amnésica,
non deixes
que me sacie e me farte.
Acompáñame nas tentacións
consumistas e insolidarias.
Ensíname
a compartir.
Ensíname
a mirar con cariño e esperanza os meus
recursos
e a confiar na
súa capacidade multiplicadora. Amén.
Mercedes Navarro
Comentarios
Publicar un comentario