Ti es Pedro, e a ti hei dar as chaves do Reino dos Ceos - Mt 16, 13-20
Domingo 21 de Ordinario - ciclo A
COÑECER A XESÚS
Hai moitos cristiáns que andan a cegas,
sen nada saberen do mestre que os leva.
E hai outros moitos que pensan que o saben,
e andan moi lonxe de ter a verdade.
Quen sabe de amores senón o que ama?
Quen sabe de dores sen eles na alma?
Quen sabe de loita se nunca loitou?
Quen sabe de fillos se nunca fillou?
Coñece a Xesús quen o leva dentro,
quen fai por seguilo en ditos e feitos.
Coñece a Xesús quen fai irmandade,
quen loita por que haxa maior igualdade.
Saber de Xesús tamén pide esforzo,
cómpre poñer medios con teima e con gozo.
Saber de Xesús é un gran regalo
que Deus nos concede se non nos negamos.
Xesús é o Fillo de Deus entregado,
defensor dos pobres, de Deus namorado.
Comentarios
Publicar un comentario