O Poderoso fixo marabillas en min, exaltou ós humildes - Lc 1, 39-56
Solemnidade da Asunción da Nosa Señora
Oración do papa Xoán Paulo II
Nai no ceo, ti es esplendor que non
ensombrece a luz de Cristo, porque vives nel e para el.
Ti es a inmaculada,
es transparencia e plenitude da graza.
Aquí estamos, pois, os teus fillos, para buscar
amparo baixo a túa materna protección e implorar
confiados a túa intercesión ante os desafíos ocultos do futuro.
Encomendámosche a todos os homes,
comezando polos máis débiles:
Aos nenos que aínda non viron a luz
e aos que naceron no medio da pobreza e o sufrimento;
aos adolescentes rebeldes;
aos mozos en busca de sentido,
ás persoas adultas que non teñen emprego
e ás que padecen fame, esquecemento,
violencia e enfermidade.
Encomendámosche ás familias rotas,
aos anciáns, venerables e patriarcas que carecen de asistencia
e a cuantos están sós e sen esperanza.
Abre os nosos corazóns á xustiza e ao amor,
e guíanos cara a unha comprensión
recíproca e cara a un firme desexo de paz.
Amén.
Comentarios
Publicar un comentario