3 ago. 2014

Comeron todos e saciáronse - Mt 14, 13-21


                                     Domingo 18 de Ordinario - ciclo A




NOSO PAI DO REINO

Noso Pai, que estás no ceo e connosco,
ao noso lado.
Bendicímoste e pedimos que veña o teu Reino,
que podamos cumprir a túa vontade na terra,
como os anxos no ceo,
e que se cumpran os teus soños
de felicidade para os teus fillos.
Pedímosche pan, o noso, o de todos,
para que todos os homes e mulleres
de todos os pobos
poidan cubrir as súas necesidades,
e gozar da felicidade que ti regalas.
Estamos dispostos a tolerar e perdoar as nosas miserias,
como ti perdoas misericordiosamente as nosas.
Non nos deixes caer na tentación do desamor,
da insolidariedade, do egoísmo,
da indiferenza, do rancor.
e líbranos do mal, da fame, da pobreza,
da inxustiza ...
Así sexa, así queremos facelo coa túa axuda.
Amén.



No hay comentarios:

Publicar un comentario