Festividade de San Bartolomeu - 24 de agosto
PRIMEIRA
Ap 21, 9b-14
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DA APOCALIPSE
Sobre os
mesmos alicerces estaban escritos os nomes dos doce apóstolos do Año
O anxo
falou comigo, dicindo:
''Ven
acó, que che vou amosa-la noiva, a esposa do Año''. 10Levoume en espírito á
cima dun monte moi grande e alto e amosoume a cidade santa, Xerusalén, que
baixaba do ceo de onda Deus; 11tiña a gloria do mesmo Deus. O seu resplandor
imitaba ó dunha pedra moi preciosa, a unha pedra cristalina de xaspe. 12Tiña
unha muralla grande e alta con doce portas de entrada; e enriba das portas doce
anxos; e escritos nelas os seus nomes, que son os das doce tribus de Israel:
13Tres portas polo Nacente, tres portas polo Norte, tres portas polo Mediodía e
tres portas polo Poñente. 14A muralla da cidade tiña doce alicerces e sobre os
alicerces, doce nomes, que son os dos doce Apóstoles do Año.
SAL.
RESP. Sal 144, 10-11. 12-13ab. 17-18
R/ (cf
12a) Que os teus santos, Señor, ensinen a gloria do teu reino
10Lóuvente,
Señor, as túas obras,
bendígante
os teus amigos.
11Pregoen
a gloria do teu reino,
proclamen
as túas fazañas.
12Ensinen
ós homes a túa forza
e a
maxestade gloriosa do teu reino.
13O teu
reino é reino eterno,
o teu
goberno dura por xeracións.
17O
Señor é xusto nos seus camiños todos,
bo en
tódolos seus feitos.
18O
Señor está cerca dos que o chaman,
dos que
sinceramente o invocan.
ALELUIA
Xn 1, 49b
Mestre,
ti e-lo Fillo de Deus,
ti e-lo
Rei de Israel!
EVANXEO
Xn 1, 45-51
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN
Velaí un
israelita verdadeiro en quen non hai falsedade
45Atopou
Felipe a Natanael e díxolle:
-Encontramos
a aquel de quen escribiu Moisés na Lei e mailos profetas: a Xesús, o fillo de
Xosé, o de Nazaret.
46Contestoulle
Natanael:
-¿E de
Nazaret pode saír algo bo?
Felipe
díxolle:
-Ven e
verás.
47Viu
Xesús a Natanael, que se achegaba e dixo del:
48Preguntoulle
Natanael:
-¿E de
que me coñeces?
Contestoulle
Xesús:
-Antes
de que Felipe chamase por ti, xa eu te vira, cando estabas debaixo da figueira.
49Respondeulle
Natanael:
-Rabbí,
ti e-lo fillo de Deus, ti e-lo rei de Israel.
50Díxolle
entón Xesús:
-¿Porque
che dixen que te vin debaixo da figueira, xa cres? Pois cousas máis grandes has
ver.
51E
concluíu:
-Con
toda verdade volo aseguro: habedes ve-lo ceo aberto, e os anxos de Deus subindo
e baixando onda o Fillo do Home.
Comentarios
Publicar un comentario