Evanxeo e Santo - S. Bartolomeu


Antífona de Entrada

Anuncia, día tras día, que a salvación vén de Deus; proclama as súas marabillas a todas as nacións.

...

Oración Colecta

Oremos:
Fortalece, Señor, a nosa fe para que sigamos a Cristo coa mesma sinceridade de san Bartolomeu, apóstolo; e concédenos, pola súa intercesión, que a Igrexa sexa un instrumento eficaz de salvación para todos os seres humanos. Polo noso Señor Xesucristo...Amén.

Lecturas

...

Oración dos Fieis

Celebrante:
Fundamentados na fe dos apóstolos e dos mártires, dirixamos a Deus as nosas oracións: 
(Respondemos a cada petición: Escóitanos, Señor).

Pola santa Igrexa de Deus, para que, coa forza do Espírito Santo, a fe que foi plantada polos apóstolos germine, arraigue e creza en todas as comunidades cristiás, roguemos ao Señor.
Escóitanos, Señor.

Polos que aínda non coñecen a Cristo, para que o Señor, que enviou aos apóstolos a proclamar o Evanxeo a todos os pobos, faga brillar tamén sobre eles a mensaxe da salvación, roguemos ao Señor.
Escóitanos, Señor.

Polos que sofren tentacións ou abatemento, para que, ao escoitar o anuncio evanxélico transmitido polos apóstolos, vexan renacer no seu espírito a alegría cristiá, roguemos ao Señor. 
Escóitanos, Señor.

Para que nós, que por natureza eramos estranxeiros e forasteiros, edificados sobre o cimento dos apóstolos, vivamos como concidadáns santos e como membros da familia de Deus, roguemos ao Señor. 
Escóitanos, Señor.

Celebrante:
Escoita, Señor, a nosa oración e derrama sobre nós a abundancia dos teus dons, para que, fortalecidos polos ensinos apostólicos e axudados pola oración de san Bartolomeu, non dubidemos nunca de que recibiremos os bens que che pedimos. Por Xesucristo, o noso Señor.
Amén.

...

Oración sobre as Ofrendas

Señor, que o sacrificio de encomio que imos ofrecerche na festa do apóstolo san Bartolomeu, nos obteña, pola súa intercesión, a graza de servirte con fidelidade. Por Xesucristo, o noso Señor.
Amén.

...


Prefacio

Os apóstolos, pastores do pobo de Deus

En verdade é xusto e necesario, é o noso deber e salvación, dartche grazas sempre e en todo lugar, Señor, Pai santo, Deus todopoderoso, Pastor eterno. 
Porque non abandonas nunca ao teu rabaño, senón que por medio dos santos Apóstolos o protexes e conservas, e queres que teña sempre por guía a palabra daqueles mesmos pastores a quen o teu Fillo deu a misión de anunciar o Evanxeo. 
Por iso, cos anxos e arcanxos e con todos os coros celestiais, 
cantamos sen cesar o himno da túa gloria: ....


Antífona da Comuñón

Eu dareilles a vostedes o reino que o meu Pai me ten preparado, e nel comerán e beberán 
comigo, di o Señor.

...


Oración despois da Comuñón

Oremos:
Que a comuñón que recibimos, ao celebrar a festa de san Bartolomeu, nos dea forza, Señor, para imitar a Cristo aquí na terra e alcanzar a vida eterna. Por Xesucristo, o noso Señor.
Amén




Comentarios

Publicacións populares