Domingo 20 de Ordinario A
DOMINGO XX
ORDINARIO - CICLO A
Primeira
Lectura Is 56, 1. 6-7
LECTURA DO LIBRO DO PROFETA ISAÍAS
Ós
fillos de estranxeiro traereinos ao meu monte santo
Así fala o Señor:
Cumpride o dereito e practicade a
xustiza,
que
a miña salvación está próxima a chegar
e
a miña xustiza (está próxima) a mostrarse.
E aos fillos de estranxeiro que se
apegan ao Señor,
servindo
e amando o Nome do Señor, sendo os seus servos,
a
todo o que garde o sábado sen profanalo
e
aos que se manteñan firmes na miña Alianza,
traereinos
ao meu monte santo
e
alegrareinos na miña casa de oración.
Os seus holocaustos e os seus
sacrificios
servirán
de ofrenda de amor sobre o meu altar.
Palabra do Señor R/.
Grazas a Deus
SALMO
RESPONSORIAL Sal 66, 2-3. 5. 6 e 8
R/. (4): Lóente
os pobos, oh Deus, lóente todos os pobos.
Deus
teña piedade de nós e nos bendiga,
faga
brillar o seu rostro sobre nós.
Que
se coñeza na terra o teu camiño,
en
todos as nacións a túa salvación.
Alégrense
e canten as nacións,
porque
xulgas os pobos rectamente
e
na terra gobernas as nacións.
Lóente
os pobos, oh Deus,
lóente
todos os pobos.
Que
nos bendiga Deus e que o teman
os
confíns todos do mundo.
Segunda
Lectura Rm 11, 13-15. 29-32
LECTURA DA CARTA DO APÓSTOLO SAN PAULO AOS ROMANOS
Os
dons e a chamada de Deus son irrevogables
Irmáns:
Isto dígovolo a vós, os xentís. E,
como apóstolo que son dos xentís, fago gala deste ministerio, por ver se
esperto celos nos da miña estirpe e podo así salvar a algúns deles.
Se o seu rexeitamento serviu de
reconciliación para o mundo, que será a súa acollida, senón a vida, que xorde
dos mortos?
Pois os dons e a chamada de Deus son
irrevogables. Pois do mesmo xeito que vós fostes noutrora desobedientes a Deus,
e agora conseguistes a misericordia pola desobediencia deles, así tamén eles
agora non creron, para que, con ocasión da misericordia usada convosco, tamén
eles acaden misericordia.
Porque Deus encerrou a todos os homes
na desobediencia, para se compadecer de todos.
Palabra do Señor R/. Grazas a Deus
ALELUIA Cf.
Mt 4, 23
Se
non se canta, pódese omitir.
Aleluia,
Aleluia.
Xesús
predicaba o Evanxeo do Reino,
e
curaba todas as enfermidade do pobo.
Aleluia.
Evanxeo Mt 15, 21-28
LECTURA DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MATEO
Oh
muller, qué grande é a túa fe!
Naquel tempo, saíndo de alí, foi
Xesús para a comarca de Tiro e Sidón. E apareceu unha muller cananea daqueles
contornos, que berraba:
‑ Compadécete de min, Señor, Fillo
de David: a miña filla está atormentada por un demo.
Pero el non respondeu palabra.
Achegándoselle os seus discípulos, rogábanlle:
‑ Despídea, que vén berrando detrás
de nós.
El contestoulles:
‑ Non fun enviado máis que ás
ovellas extraviadas da casa de Israel.
Pero ela alcanzounos e,
prostrándose, suplicoulle:
‑ Señor, váleme!
El respondeulle:
‑ Non é ben quitarlles o pan aos fillos
para llelo botar aos cadelos.
Pero ela contestou:
‑ Non é, Señor, non; pero tamén os
cadelos comen das faragullas que caen da mesa dos seus amos.
Entón respondeulle Xesús:
‑ Muller, a túa fe é ben grande:
fágase, logo, como desexas!
E a súa filla ficou sa naquela hora.
Palabra
do Señor R/.
Loámoste, Cristo
EN TEMPOS DE ULTRALIBERALISMO HUMANO E INMORAL, NECESITAMOS
VOLVER OS OLLOS Á XUSTIZA DE DEUS, QUE NOS FALA DA IRMANDADE LIBERADORA
ESCOITA ACTIVA
Neste
agosto no que os medios de comunicación, a falta das trafulcas entre políticos,
ocupan o seu espazo con sensacionalismos inútiles, chega o Señor e fálanos de
compaixón e acollida. Que paradoxo, non si?
Cando todo
se reduce a falar de custos e macroeconomía, namentres as persoas seguen a ter
dificultades para poder comer todos os días; cando parece saír do corazón
dalgunhas persoas o peor que puideramos imaxinar, chega Xesús e pon diante nosa
unha actitude que non está nas “modas do que máis se practica”, pero que é unha
actitude que nos fai recuperar as raíces do que somos. Porque só as persoas
somos capaces de sentir compaixón polo outro, pois nese outro recoñecemos a
Deus. O berro da muller cananea do evanxeo de hoxe é o berro de cada vez máis
persoas que ven como a súa dignidade é excluída, esquecida e asoballada no nome
de grandes declaracións que agochan puros intereses políticos, económicos ou
estratéxicos.
Non caiamos
nós no mesmo e, desde o pequeno do que nos rodea, aprendamos a practicar a
compaixón que nos recoñece coma irmáns.
CORAZÓN MISERICORDIOSO
- Pola nosa falta de
compaixón, SEÑOR,CÚRANOS DA DUREZA DE CORAZÓN.
- Pola nosa
incapacidade para entender a quen non pensa coma nós, CRISTO, CÚRANOS DA DUREZA
DE CORAZÓN.
- Polas nosas
actitudes excluíntes e intrasixentes, SEÑOR,CÚRANOS DA DUREZA DE CORAZÓN.
PALABRA ENRAIZADA
* "Cumpride o dereito
e practicade a xustiza": A afirmación do profeta Isaías que escoitabamos na
primeira lectura invítanos a revisar cales son os eixes sobre os que imos
asentando o noso xeito de ver e actuar na realidade na que vivimos. O profeta
non nos di que practiquemos o noso dereito nin a nosa xustiza; é dicir, que
fagamos o que nos peta ou o que primeiro se nos ocorre. A súa chamada –berro
poderiamos dicir- é para que cambiemos o enfoque do noso xeito de ver as
cousas. Nós non somos o centro, polo que non é desde o que nós pensamos como
temos que actuar e facer as cousas. Se nos deixaramos levar deste principio,
caeriamos no desprezo máis absoluto para cos demais, enrocándonos nun
individualismo egoísta e insolidario. Pero como este non é o xeito de pensar ao
que nos chama e invita Deus, a xustiza vaise vivindo e compartindo desde a
fraternidade que nos recoñece irmáns e iguais, a solidariedade que nos leva a
repartir o que temos desde o criterio do amor, non da cobiza. Se nos esforzamos
por facelo así, iremos descubrindo que somos capaces de entender o que queremos
dicir cando falamos de salvación. Non é algo abstracto e incomprensible, senón
o gran proxecto que Deus nos ofrece para realizar xunto cos outros, e que
desemboca no gran mar do encontro pleno e definitivo con El. Si que podemos
salvarnos; pero non a calquera prezo. O prezo pono Deus, e chámase vivir
humanamente facendo que os demais humanamente vivan.
* Neste gran templo
de humanización ao que El nos chama, a desigualdade, a diferenza por mor da
cor, a lingua, a cultura ou o xénero non existen. Con El, por El e Nel tod@s
somos iguais. E isto que seguro temos repetido tantas veces, resúltanos sempre
moi difícil de vivir e concretar. É máis doado, porque esixe menos, construír
na desigualdade que construír, aprendendo a renunciar, na igualdade. Resúltanos
máis fácil consumir tempo en rezos e promesas, que poñer ese tempo e esas
promesas ao servizo de quen non é tratado con dignidade, e a quen a súa
humanidade, os que poden e saben facelo, lla van minguando. Hoxe un copago,
mañá unha compra de armas, pasado a supresión de axuda humanitaria ou a
supresión de comedores comunitarios... a cuestión é facer que se vaia
resentindo a humanidade desde a que Deus nos chama a estar no mundo. E deste xeito,
será moi difícil que o “templo de Deus” –o mundo no que vivimos- se poida
chamar “casa de oración para tódolos pobos”.
* Paulo, entendendo
moi ben a Xesús, dille aos romanos que Deus non rexeita, senón que acolle,
sendo esta unha acollida de reconciliación; unha acollida que non mira atrás
para pasar factura, senón que encara o futuro como proxecto e proposta de
esperanza. A irrevogabilidade da chamada de Deus lévanos a atoparnos, e
chámanos a poñer misericordia onde nós queriamos poñer enfrontamento ou
distancia. A compaixón –apaixonarse con– de Deus fainos sentir a nosa cidadanía
de homes e mulleres do mundo que non se pechan no seu propio recuncho, senón
que nos abre, desde o servizo aos rostros e corazóns que temos máis preto, a
apaixonarnos por toda persoa que sufra ou sexa esquecida por parte dos que
toman decisións e inflúen na opinión pública. O Deus de Xesús non se encerra só
cos seus, ábrese a tod@s –fronte á petición de despedir á muller cananea, Xesús
escoita, acolle e actúa– para vivir a paixón co irmán de xeito que non quedemos
tranquilos na nosa comodidade de ver as cousas a distancia, e así implicarnos e
enredarnos en canto poida facer a vida máis visible, pública e coñecida ás
persoas das que, os que poden e dominan, nos pretenden esconder. Se Deus non se
agocha, por que as veces nós miramos para outro lado?.
FRATERNIDADE ORANTE
Diante do Deus da compaixón, oremos xunt@s dicindo:
SEÑOR, QUE SEXAMOS COMPASIVOS E MISERICORDIOSOS
* Para que a
Igrexa non sexa nunca insensible ao sufrimento e dor do noso mundo, OREMOS.
SEÑOR, QUE SEXAMOS COMPASIVOS E MISERICORDIOSOS
* Para que
saibamos mostrar compaixón e solidariedade coas persoas que nas nosas
parroquias está solas, enfermas ou necesitadas da nosa presenza e do noso
tempo, OREMOS.
SEÑOR, QUE SEXAMOS COMPASIVOS E MISERICORDIOSOS
* Para que non
lle deamos as costas á inxustiza e á inmisericordia do noso mundo, e nos
convertamos á xustiza e á misericordia de Deus, que nos fala sempre desde o
amor e a fraternidade, OREMOS.
SEÑOR, QUE SEXAMOS COMPASIVOS E MISERICORDIOSOS
Acompaña, Señor, a nosa tarefa de romper co corazón
insensible que ás veces habita en nós, para camiñar na fraternidade
misericordiosa á que nos invitas. P.X.N.S. Amén.
MIRADA DE ESPERANZA
Señor, a túa misericordia chega ao ceo,
a túa fidelidade ata as nubes…
Socorres ás persoas e aos animais;
que inapreciable é a túa misericordia, oh Deus!
Os humanos acóllense á sombra das túas ás …
e a túa luz fainos ver a luz. ( sal 35)
Aclamade ao Señor, terra enteira …
Sabede que o Señor é Deus:
El fíxonos, somos seus,
o seu pobo, ovellas que El apacenta.
O Señor é bo,
a súa misericordia é perpetua.
(Sal 99)
(Sal 99)
ADAPTADO DE: http://www.diocesismalaga.es/
CANTO GOZOSO
ENTRADA:
Amigos nas penas
LECTURAS:
OFERTORIO:
COMUÑÓN:
Comentarios
Publicar un comentario