A Asunción da Nosa Señora
Solemnidade da Asunción da Virxe María
PRIMEIRA
Ap 11, 19a; 12, 1-6a. 10ab
Unha
muller vestida do sol e coa lúa baixo os seus pés
PROCLAMACIÓN
DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DA APOCALIPSE
Abriuse
o santuario celeste de Deus e apareceu a arca da súa alianza no seu santuario.
12 1E
apareceu no ceo un gran sinal: unha muller vestida co sol, coa lúa baixo os
seus pés e, na cabeza, unha coroa de doce estrelas. 2Estaba embarazada e
berraba cos retorzóns e as dores do parto.
3Apareceu
outro sinal no ceo: era un gran dragón vermello, que tiña sete cabezas e dez
cornos e nas cabezas sete diademas. 4Co seu rabo arramplaba cunha terceira
parte das estrelas do ceo e botábaas na terra. O dragón plantouse diante da
muller que estaba para dar á luz, coa idea de engulirlle o filliño en canto
nacese.
5Tivo un
fillo varón; aquel que cun caxato de ferro ha rexer a tódalas nacións. Pero
Deus arrebatou o filliño da muller onda si, ó seu trono. 6E a muller fuxiu para
o deserto
10E oín
un gran berro no ceo, que dicía:
''Arestora
chegou a victoria, o poder,
e o
reino do noso Deus,
así como
a soberanía do seu Mesías.
SAL.
RESP. Sal 44, 10bc. 11. 12ab. 16
R/ (10b)
Á túa dereita está a raíña, con ouro de Ofir
10Fillas
de reis tes por amigas,
e á túa
dereita, a raíña, con ouro de Ofir.
11Escoita,
filla; olla e atende:
esquece
o teu pobo e a casa de teu pai.
120 rei
está prendado da túa fermosura:
réndete
a el, pois el é o teu señor.
16condúcente
con xúbilo algareiro,
introdúcente
no pazo do rei.
SEGUNDA
1 Cor 15, 20-27
Primeiro,
Cristo; despois, os que son de Cristo
PROCLAMACIÓN
DA PALABRA RECOLLIDA NA PRIMEIRA CARTA DE SAN PAULO APÓSTOLO ÓS CORINTIOS
Irmáns e
irmás:
Cristo
resucitou dos mortos, como primicia dos que dormen. 21Porque xa que por un home
entrou a morte, tamén por un home chegou a resurrección dos mortos. 22Igual que
todos morren por Adam, así tamén por Cristo todos revivirán. 23Pero cada un no
seu intre: primeiro, Cristo; logo, no Día da súa Vinda, os que sexan de Cristo;
24despois será a fin, cando lle entregue o Reino a Deus Pai, unha vez destruído
todo Principado, toda Potestade e toda Dominación. 25Porque é necesario que El
reine ata que poña a tódolos seus inimigos por debaixo dos seus pés. 26A morte
será o derradeiro inimigo destruído, 27pois ''todo o puxo por debaixo dos seus
pés''.
ALELUIA
María é
subida ó ceo;
alégrase
o coro dos anxos
EVANXEO
Lc 1, 39-56
O
Poderoso fixo marabillas en min: exaltou ós humildes
PROCLAMACIÓN
DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS
María
saíu con moita présa camiño da montaña, a unha vila de Xudá. 40Entrou na casa
de Zacarías e saudou a Isabel. 41E en oíndo Isabel o saúdo de María, o neno
brincoulle no ventre. Entón, chea do Espírito Santo, 42exclamou Isabel, a
grandes voces:
-Bendita
ti entre as mulleres e bendito o froito do teu ventre. 43¿Quen son eu para que
me visite a nai do meu Señor? 44Pois ó que chegou o teu saúdo ós meus oídos,
brincou de alegría a criatura no meu ventre. 45¡Ditosa ti que criches que se
cumpriría canto che anunciaron de parte do Señor!
46Entón
María exclamou:
A miña
alma proclama a grandeza do Señor,
47e
alégrase o meu espírito en Deus, o meu Salvador,
48porque
reparou na súa humilde escraviña.
Velaí:
desde agora
tódalas
xeracións me van felicitar.
O seu
nome é Santo;
50a súa
misericordia chega xeración tras xeración
a
tódolos que o temen.
51Manifesta
o poder do seu brazo,
desbaratando
os plans dos soberbios.
52Derruba
do seu trono ós poderosos,
e fai
subir ós humildes;
53ós
famentos éncheos de bens,
e ós
ricos despídeos baleiros.
54Ampara
a Israel, o seu Servidor,
lembrándose
da súa misericordia,
55conforme
prometera a nosos pais,
en favor
de Abraham e da súa descendencia para sempre.
56María
permaneceu con ela tres meses, e logo volveuse para a súa casa.
HAI QUE CORTAR A ROUPA SEGUNDO AS MEDIDAS
DA PERSOA....E NON AO REVÉS
ESCOITA ACTIVA
O máis importante na vida, nin tampouco dentro da Igrexa,
non é ter éxito e superar aos demais. O verdadeiramente decisivo é ser unha
persoa auténtica e saber medrar coma ser humano. Porén, moitas veces
equivocamos o punto de partida e cremos que, para afirmar a nosa propia vida e
asegurar a nosa pequena felicidade e liberdade, debemos necesariamente dominar
aos demais, sobre todo se son mulleres. Insatisfeitos por non ter sempre o que
queremos, temerosos de perder a felicidade e a liberdade, dominar aos demais
convértese nunha necesidade. E así manipulamos e utilizamos a quen é máis débil
ca nós, esforzándonos por mantelo ao servizo dos nosos intereses.
A festa que celebramos hoxe, a Asunción da Virxe, lémbranos
que existen outros camiños para ser autenticamente grandes: aprender a servir
sinxelamente desde unha postura de amor fraterno. As persoas que, como María,
viven desde a xenerosidade, o servizo e a solidariedade son persoas que
irradian unha autoridade única. Non precisan facer a pelota, adular, ameazar ou
amedrentar. A súa vida é grande, precisamente, porque saben dala. Que ese sexa
tamén o noso camiño.
CORAZÓN MISERICORDIOSO
Por ter renunciado a acompañar a quen precisa da nosa
presenza, do noso agarimo, da nosa man, da nosa conversa, SEÑOR, ENSÍNANOS A
VIVIR NO SERVIZO.
Por non ter valorado o papel que desenvolven as mulleres
dentro da nosa familia, do noso barrio, da nosa comunidade, da nosa Igrexa,
CRISTO, ENSÍNANOS A VIVIR NO SERVIZO.
Por non querer poñernos en camiño para sacudir o noso
machismo, a nosa intolerancia, a nosa rutina, a nosa apatía, SEÑOR, ENSÍNANOS A
VIVIR NO SERVIZO.
PALABRA ENRAIZADA
Na nosa Igrexa, no tocante ao feminino, vivimos nunha
confusión que vén de lonxe, e que é moi difícil de clarexar:
- Por una banda temos
a Xesús esforzándose, coas súas palabras e xestos, por poñer de manifesto a
igualdade do home e da muller; por destacar a necesidade de romper a concepción
e os costumes dunha cultura na que a muller era pouco valorada e relegada a un
segundo ou terceiro plano, sen asumir responsabilidades de dirección, sen
capacidade para decidir, vivir e actuar con autonomía, cousa que aos homes si
se lle concedía. Así, fronte este pensamento pechado El amosa unha mentalidade
aperturista!. Porque non esquezamos que nunha sociedade coma a xudía, na que a
muller pertencía ao grupo d@s marxinad@s, Xesús amosa, unha vez máis, un
corazón quente, unhas altas miras, un amor que non entende de diferenzas de
xénero. Entre o grupo dos discípulos había varias mulleres. As mulleres son
están ao pé da cruz e,, pola súa fidelidade e constancia, son tamén as
primeiras testemuñas da resurrección. Os evanxeos fálannos de numerosos
encontros de Xesús coas mulleres: a pecadora pública, a samaritana, a muller
cananea, Marta e María... e en todos os casos achégase a elas coa mesma
sinxeleza e naturalidade coa que se achega aos homes.
- Por outra banda,
nos dous mil anos de vida da Igrexa, comunidade dos seguidores dese Xesús que
traballa a prol da igualdade de xéneros, segue habendo moitos ámbitos nos que a
muller non goza da mesma igualdade que o home. Así, ninguén se atreve a poñer
en tea de xuízo que hai moitas responsabilidades que á muller non se lle
conceden, e que pasarán anos en concedérselle, mentres que ao home, polo simple
feito de selo, nunca lle negarán. É máis, en moitos casos á voz da muller
esíxelle un plus para ser escoitada, pondo en tea de xuízo as súas opinións.
- En terceiro lugar,
atopámonos co feito de que ao longo do calendario litúrxico son varias as
festas dedicadas á Virxe, querendo poñer de manifesto a grandeza do seu si,
resposta que fixo cambiar o sentido e horizonte no que se ía desenvolver o
mundo. E, o máis chocante é que a mesma xente que dentro da Igrexa tanto pon en
dúbida e mesmo menospreza o papel e a voz da muller (seguramente desde un
complexo de inferioridade), declárase profundamente mariana e sempre ten nos
seus beizos (aínda que non no seu corazón), unha palabra para Ela, presentándoa
como modelo, porta..... Coma se María tivese sido unha muller obxecto, e non o
que foi: unha muller que, confiando en Deus, deu pasos cara adiante, sen
deixarse asoballar, con voz e opinión propia e cunha vida coherente fronte
dunha sociedade opresora; unha muller que “pasou” do que dirán e que entendeu e
fixo vida a preferenza de Deus polos pobres e os últimos da terra, sobre todo
se son mulleres.
E así as cousas, xuntámonos esta mañá para celebrar como
comunidade crente a festa da Asunción da Nosa Señora. María é muller, nai,
labrega, comprometida, voceira, anuncio, presenza, agarimo, servizo, sorriso,
forza e alento. Do mesmo xeito que ela non se rendeu nin recuou, tampouco nós,
aínda que as cousas moitas veces sexan difíciles e non se acabe de ver a luz do
final do túnel, habemos rendernos. Precisamos unha Igrexa mariana que, como di
o Papa Francisco sexa Nai, que acubille, agarime, acariñe e estreite nos seus
brazos aos seus fillos e fillas. Ningunha nai se comunica cos seus fillos a
base de decretos, normas e documentos, senón que as nais camiñan ao carón dos
seus fillos e das súas fillas. Non podemos, xa que logo, deixar que siga sendo
a tradición e non a racionalidade, a que marque cal ha ser o papel das mulleres
na Igrexa. O si de María foi revolucionario. O noso si tamén debe selo....para
que a igualdade, da que sempre falaba e coa que sempre actuaba Xesús, se vaia
facendo realidade no descorrer cotián da Igrexa. Traballemos por facer a roupa
segundo as medidas da persoa, e non do seu xénero, valoremos a persoa en si,
sen marxinar por cuestións de xénero, traballemos pola igualdade, traballemos
pola coherencia, traballemos a prol dunha igrexa verdadeiramente mariana, con
todo o que iso conleva.
FRATERNIDADE ORANTE
Como comunidade crente, alegre e esperanzada que celebra a
festa na honra da Nosa Señora, presentamos a Deus as nosas peticións e dicimos:
QUE TRABALLEMOS POLA IGUALDADE
Alenta o quefacer da túa Igrexa para que, superando todo
tipo de marxinación e discriminación cara ás mulleres, saiba ser no medio do
mundo sinal e presenza do Deus amor, que ama por igual a homes e mulleres,
OREMOS.
QUE TRABALLEMOS POLA IGUALDADE
Acompaña ás nosas comunidades, para que sempre saibamos
valorar o traballo, moitas veces calado e sempre eficaz, de todas as mulleres
que nelas expresan e viven a súa fe: cantoras, lectoras, catequistas, as que
poñen as flores ou limpan a Igrexa..., OREMOS.
QUE TRABALLEMOS POLA IGUALDADE
Dános a cada un e cada unha de nós humildade e ledicia para
sabermos, coma soubo María, descubrirte nos irmáns e irmás e nas cousas boas
que vas poñendo nas nosas vidas e nas de quen nos rodea, OREMOS.
QUE TRABALLEMOS POLA IGUALDADE
Grazas, María, por camiñar connosco. Que, coma Ti, sexamos
quen de dar un si radical a Deus no servizo aos máis empobrecidos da terra.
PXNS. Amén.
MIRADA ESPERANZADA
CREDO DAS MULLERES
Creo en Deus, que creou á muller e ao home á súa imaxe e
semellanza,
encomendándolles a ambos o coidado da terra.
Creo en Xesús, Fillo de Deus, nado dunha muller, María;
que escoitaba e quería ás mulleres,
que entraba nas súas casas, que lles falaba do Reino.
Creo en Xesús,
que discutiu de teoloxía cunha muller
sentado á beira dun pozo, ao mediodía;
que foi unxido por unha muller en casa de Simón,
reprendendo aos invitados que a desprezaban;
que curou a unha muller en sábado,
dicíndolle que se erguera, porque ela tamén era un ser
humano;
que se fixo acompañar polas mulleres, sentindo o seu amor
e encomendándolles a boa nova.
Creo en Xesús, que falou de Deus comparándoo cunha muller
que varría a súa casa para atopar o que perdera,
que puña lévedo na masa para fermentalo todo.
Creo no Resucitado,
enviándoa coma mensaxeira da grande ledicia da Pascua.
Creo na plenitude do Salvador,
en quen non hai xudeu nin grego,
escravo ou libre, home ou muller,
porque todas as persoas somos unha nel.
Creo no Espírito Santo, espírito feminino de Deus
que nos cobre coas súas ás enchéndonos de vida.
CANTO GOZOSO
ENTRADA:
LECTURAS:
Noraboa María
OFERTORIO:
Camiñar sen Xesús
COMUÑÓN:
Coa nosa naiciña do ceo
MÁIS VÍDEOS:
Comentarios
Publicar un comentario