O Señor reina, soberano de toda a terra - Salmo 96

A Transfiguración do Señor - ciclo A


Acudamos ao noso Salvador, marabillosamente transfigurado ante os seus discípulos no monte santo, e digámosle con fe:

Ilumina, Señor, as nosas tebras.

Oh Cristo, que, antes de entregarche á paixón, quixeches manifestar no teu corpo transfigurado a gloria da resurrección futura, pedímosche pola Igrexa que sofre:
que, no medio das dificultades do mundo, viva transfigurada pola esperanza da túa vitoria.

Cristo, Señor noso, que tomando a Pedro, Santiago e Xoán os levaches contigo a un monte alto, pedímosche polo papa e polos bispos: que, cheos daquela paz e alegría que son froito da esperanza na resurrección, sirvan fielmente ao teu pobo.

Cristo Xesús, que desde o monte santo fixeches brillar o teu rostro sobre Moisés e Elías, pedímosche por Israel, o pobo que fixeches teu desde tempos antigos:
concédelle que alcance a plenitude da redención.

Cristo, esperanza nosa, que iluminaches ao mundo enteiro cando sobre ti amenceu a gloria do Creador, pedímosche por todos os homes de boa vontade: fai que camiñen sempre seguindo o resplandor da túa luz.

Cristo, Salvador noso, que transformarás o noso fráxil corpo en corpo glorioso como o teu, pedímosche polos nosos irmáns defuntos: transfórmaos a imaxe túa e admíteos xa na túa gloria.


E cheos de esperanza, oremos ao Pai como Cristo ensinounos:

NOSO PAI...

----------------------------------------------

ORACIÓN

Señor Deus, que na gloriosa transfiguración de Xesucristo confirmaches os misterios da fe co testemuño de Moisés e de Elías, e fixéchesnos entrever na gloria do teu Fillo a grandeza da nosa definitiva adopción filial, fai que escoitemos sempre a voz do teu Fillo amado e cheguemos a ser un día os seus coherdeiros na gloria. 

Polo noso Señor Xesucristo, o teu Fillo, que vive e reina contigo na unidade do Espírito Santo e é Deus, por sempre, eternamente. Amén.






Comentarios

Publicacións populares