17 ago. 2014

Lóente os pobos, oh Deus, lóente todos os pobos - Salmo 66

Domingo 20 de Ordinario - ciclo A


Recibe, Señor

Recibe, Señor, os nosos medos
e transfórmaos en confianza.

Recibe, Señor, o noso sufrimento
e transfórmao en crecemento.

Recibe, Señor, o noso silencio
e transfórmao en adoración.

Recibe, Señor, as nosas crises
e transfórmaas en madurez.

Recibe, Señor, as nosas bágoas
e transfórmaas en pregaria.

Recibe, Señor, a nosa ira
e transfórmaa en intimidade.

Recibe, Señor, o noso desánimo
e transfórmao en fe.

Recibe, Señor, a nosa soidade
e transfórmaa en contemplación.

Recibe, Señor, as nosas amarguras
e transfórmaas en paz da alma.

Recibe, Señor, a nosa espera
e transfórmaa en esperanza.

Recibe, Señor, a nosa morte
e transfórmaa en resurrección.

Amén.






No hay comentarios:

Publicar un comentario