Se alguén quere vir comigo, renegue de si mesmo - Mt 16, 21-27

Domingo 22 de Ordinario - ciclo A


HIMNO

Luz que te entregas!,
Luz que te negas!,
Á túa busca vai o pobo de noite:
aluma a súa senda.

Deus da luz, presenza ardente
sen meridiano nin fronteira:
volves a noite mediodía,
cegas ao sol coa túa dereita.

Como columna da aurora,
ía na noite a túa grandeza;
viuche o deserto, e destellaron
luz da túa gloria as areas.

Pechou a noite sobre Exipto
como cilicio de tebras,
para o teu pobo amencías
baixo os teitos das tendas.

Es a luz, pero no teu raio
lanzas o día ou a tebra:
cegas os ollos do soberbio,
curas ao pobre a súa cegueira.

Cristo Xesús, ti que trouxeches
lume á entraña da terra,
garda acesa nosa lámpada 
ata a aurora da túa volta.

Antífona : Lámpada é a túa palabra para os meus pasos, Señor. 

Comentarios

Entradas populares