A16. Ti, Señor, es agarimoso e indulxente - Salmo 85

Domingo 16 de Ordinario - ciclo A


SEÑOR, DEUS DA PAZ

Señor, Deus de paz, escoita a nosa súplica. Intentamos moitas veces e durante moitos anos resolver os nosos conflitos coas nosas forzas, e tamén coas nosas armas; tantos momentos de hostilidade e de escuridade; tanto sangue derramado; tantas vidas esnaquizadas; tantas esperanzas abatidas ... Pero os nosos esforzos foron en balde.

Agora, Señor, axúdanos ti. Dános ti a paz, ensínanos ti a paz, guíanos ti cara á paz. Abre os nosos ollos e os nosos corazóns, e dános a valentía para dicir: «¡Nunca máis a guerra»; «coa guerra, todo queda destruído». Infúndenos o valor de levar a cabo xestos concretos para construír a paz.



Señor, Deus de Abraham e os Profetas, Deus Amor 
que nos creaches e nos chamas a vivir coma irmáns, 
dános a forza para ser cada día artesáns da paz;
dános a capacidade de mirar con benevolencia
a todos os irmáns que atopamos no noso camiño.


Fainos dispoñibles para escoitar o clamor dos nosos 
cidadáns que nos piden transformar as nosas armas
en instrumentos de paz, os nosos temores en confianza
e as nosas tensións en perdón. 


Mantén acesa en nós a chama da esperanza 
para tomar con paciente perseveranza opcións 
de diálogo e reconciliación,
para que finalmente triúnfe a paz. 

E que  sexan desterradas do corazón 
de todo home estas palabras: 
división, odio, guerra. 
Señor, desarma a lingua e as mans, 
renova os corazóns e as mentes, para que a palabra 
que nos leva ao encontro sexa sempre «irmán», 
e o estilo da nosa vida se converta en 
shalom, paz, salam. Amén.

Papa Francisco 8 xuño 2014 
cos presidentes de Israel e Palestina



Comentarios

Publicacións populares