A15. A semente caeu en boa terra e deu froito - Salmo 64
Domingo 15 de ordinario - ciclo A
DEUS,
PAI BO E
MISERICORDIOSO
Deus Pai Bo e Misericordioso,
dámosche Grazas e bendicímoste
porque a túa Palabra enriquece a nosa vida
e porque Ti nos permites acollela
no interior do noso corazón,
a pesar dos problemas que xorden
no noso camiño de cada día.
Deus, noso Pai, bendícenos a diario
coa túa Presenza a través da túa Palabra.
Que a túa Palabra de Vida, noso Deus,
chegue ao nos corazón, o alimente
e o fortaleza cada día da nosa vida
para que dea froitos abondosos no medio do
mundo.
Que a túa Palabra nos encha de ánimo e
esperanza
para comunicala a cada un dos nosos irmáns
para que Ela chegue a todo o mundo,
e estea presente no interior de cada persoa.
Axúdanos Ti, Deus Pai Bo e Misericordioso,
a ser constantes na oración coa túa Palabra de
Vida,
e a esperar con paciencia os froitos
necesarios
que Ti, noso Deus, queiras regalarnos cada
día.
Amén.
Comentarios
Publicar un comentario