Sobre a música nas vodas

Atopei estas aclaracións da Diocese de Salt Lake City (!!) por casualidade 
e parecéronme interesantes para calquera que vaia casar e teña dúbidas 
sobre que cantos buscar e que se pode ou debe cantar 
nunha cerimonia relixiosa...


Música para una Voda Católica
Preparado pola Diocese de Salt Lake City
Comité de Música Litúrxica


PROPÓSITO

O Comité Diocesano de Música Litúrxica ofrece a seguinte información e suxestións neste panfleto para a planificación da música en vodas Católicas.

Esperamos sinceramente que os pastores, ministros de música, encargados litúrxicos,coordinadores das vodas, e os fregueses atopen este material útil ao preparar e celebrar a riqueza do rito matrimonial da Igrexa.

Esperamos que todos aqueles responsables do liderado litúrxico se animen a facer un esforzo para ofrecer música que exprese o misterio pascual e deste xeito toda a asemblea poida participar dunha forma completa, consciente e activa. A música debe manifestar a dignidade de acordo á vida sacramental da Igrexa.

Os seguintes documentos da Igrexa foron citados como guías deste panfleto.

A Constitución sobre a Sacra Liturxia, 1963 (CSL)
A Constitución Pastoral sobre a Igrexa e o Mundo de Hoxe,
Vaticano II, “Gaudium et Spes”, 1965 (GS)
Ritual do Matrimonio, 1970 (RM)
Música de Adoración Católica, 1972 (MCW)
Música Litúrxica de Hoxe, 1972 (ML)
Catecismo da Igrexa católica segunda edición 1997 (CIC)
Instrucións Xerais do Misal Romano,2003 (IGMR)



CSL # 2 
A liturxia…contribúe en sumo grao a que os fieis expresen na súa vida, e manifesten aos demais, o misterio de Cristo e a natureza auténtica da verdadeira Igrexa.
CSL # 14 
A Santa Nai Igrexa desexa ardentemente que leve a todos os fieis a aquela participación plena, consciente e activa nas celebracións litúrxicas que esixe a natureza da Liturxia mesma… porque é a fonte primaria e necesaria de onde han de beber os fieis o espírito verdadeiramente Cristián…
CSL # 26 
As accións litúrxicas non son accións privadas, senón celebracións da Igrexa, que é o ·sacramento de unidade...
CSL #48 
A Igrexa desexa que os Cristiáns, non asistan a este misterio de fe como estraños e espectadores mudos.
CSL # 112 
A tradición musical da Igrexa universal constitúe un tesouro de valor inestimable…porque o canto sacro, unido ás palabras, constitúe unha parte necesaria ou integral da Liturxia solemne"e atendendo á finalidade da música sacra, que é a gloria de Deus e a santificación dos fieis".
CSL #113 
A acción litúrxica reviste unha forma máis nobre cando os oficios divinos se celebran con canto…
MCW #11 
O poder dunha celebración litúrxica de compartir a fe dependerá da súa unidade… fluíndo da selección coidadosa e sensitiva das opcións, música e artes relacionadas.
MCW #23 
Entre os moitos signos e símbolos usados pola Igrexa para celebrar a súa fe, a música é a de máis importancia. Cando o canto sacro únese ás palabras, forma una parte integral da liturxia solemne.
CSL# 114 
Consérvese e cultívese con sumo coidado o tesouro da música sacra.
MCW #16
…A música escollida coidadosamente pode servir como unha ponte á fe así como unha expresión da mesma.
MCW #82 
Débese ter moito coidado especialmente nas vodas… onde se usan os principios xerais dunha cerimonia e selección de música como noutras liturxias, e sobre todo, que a liturxia é unha oración para todos os presentes, non unha obra teatral.
IGMR #39 
Aos fieis Cristiáns que se reúnen como un para esperar a vinda do Señor, ensínaselles “a cantar xuntos salmos, himnos, e cantos espirituais”. Cantar é o sinal dun corazón gozoso.
IGMR #111 
Entre todos os que estean implicados con respecto aos ritos, aspectos pastorais, e música debe haber harmonía e dilixencia na preparación eficaz de cada celebración litúrxica de acordo co Misal e outros libros litúrxicos.
GS #48 
A íntima comunidade da vida e do amor conxugal, que constitúe o contrato matrimonial, foi creada por Deus…
CIC #1601 
A alianza matrimonial...foi elevada por Cristo O noso Señor á dignidade do sacramento.
CIC #1603
Deus mesmo é o autor do matrimonio. O matrimonio non é unha institución puramente humana.


INTRODUCCION

A Constitución sobre a Sacra Liturxia que xurdiu do Vaticano II en 1963, estableceu que a Igrexa tomase unha reforma xeral “coa fin de que os Cristiáns poidan obter una abundancia na graza da liturxia”. Este documento indica que a Igrexa desexa ardentemente que leve a todos os fieis a aquela participación plena, conciente e activa nas celebracións litúrxicas que pertencen a toda a Igrexa, o cal é un “sacramento de unidade”.

É importante ter en conta que cada celebración litúrxica estea centrada no Misterio Pascual da paixón, morte e resurrección de Cristo.

O Rito do Matrimonio inclúe o ritual para a celebración dun matrimonio Católico, e leva a cabo nunha do seguintes tres formas:
- o rito para celebrar o matrimonio dentro da Misa, o cal é a forma máis usada e recomendada especialmente se o noivo e a noiva son Católicos.
- o rito para celebrar o matrimonio fóra da Misa, e xeralmente úsase cando xa sexa o noivo ou a noiva non é Católico/a.
- o rito para celebrar o matrimonio entre un católico e unha persoa que non está bautizada.

É importante para aqueles que preparan a celebración do Rito do Matrimonio, ter en conta que, a voda Católica é máis que un simple evento social onde se celebra o amor e o compromiso entre dous individuos. É unha celebración da relación de alianza que reflicte o misterio da unión entre Cristo e a súa Desposada a Igrexa. O Matrimonio foi elevado por Cristo á dignidade dun sacramento. A cerimonia do matrimonio é parte da Sacra Liturxia da Igrexa.

O Matrimonio Cristián é un evento de fe. A nosa Igrexa ten expectativas de como o matrimonio debe celebrarse porque é a forma que a familia da Igrexa celebra un evento o que é crucial á súa vida propia. O propósito é o de axudar a todos os que se reúnen a celebrar con ben e con dignidade. Entre os moitos sinais e símbolos usados pola Igrexa para celebrar a súa fe, a música é de importancia prominente. Porque o canto sacro, unido ás palabras, constitúe unha parte necesaria e integral da Liturxia solemne. A música escollida con moito coidado pode servir como ponte á fe, así como tamén unha expresión da mesma. (CSL#112)

Esperamos que o formato de preguntas e respostas que se presentan 
a continuación axude ás parellas comprometidas a que aprecien e entendan 
que a celebración que están a preparar é unha oportunidade chea de graza. 
É unha oportunidade  para eles así como tamén para as súas amizades, 
familiares e a comunidade parroquial de ofrecer a súa acción de grazas 
encomio pois o amor de Deus manifestouse no amor e a promesa 
que se fan o un ao outro.
  
- QUE MÚSICA É ADECUADA DURANTE O RITO CATÓLICO DO MATRIMONIO?

Un bo lugar para empezar a escoller música apropiada é no repertorio regular dos domingos da parroquia. A Música para a Liturxia da Palabra e a Liturxia da Eucaristía deben expresar o Misterio Pascual. A participación plena, conciente e activa de todos os fieis é a fonte primaria que se debe considerar antes que todo (CSL #14). A música tamén debe encher os requisitos do tres xuízos como o explica A Música no Culto Católico #25ff: xuízo musical, xuízo litúrxico, e xuízo pastoral.


- QUE SIGNIFICA O TERMO “MISTERIO PASCUAL”? POR QUE É IMPORTANTE QUE O RITO CATÓLICO DO MATRIMONIO EXPRESE ESTE MISTERIO?

O termo “Misterio Pascual” refírese ao misterio da Paixón, Resurrección, e a Ascensión de Xesucristo que son os aspectos vitais da redención Cristiá. É a través da morte de Cristo que a nosa morte é destruída, e a través da súa resurrección que recobramos a nosa vida. Estamos mergullados a este Misterio Pascual a través dos sacramentos, especialmente a través do Bautismo e a Eucaristía. Cada liturxia Cristiá é una celebración do Misterio Pascual e o Rito do Matrimonio é parte da liturxia da Igrexa.
Leitourgia, de onde obtemos a palabra liturxia, significa “traballo do pobo”. A Igrexa desexa ardentemente que leve a todos os fieis cara a unha participación plena, consciente, e activa nas celebracións litúrxicas. Dita participación polo pobo cristián como “raza escollida, sacerdocio real, nación santa, pobo de Deus” é o seu dereito e deber por medio do bautismo (CSL #14). É a través do Misterio Pascual que nos salvamos, e é a nosa salvación en Cristo a que sempre celebramos nas nosas liturxias. Igualmente, a vocación do matrimonio ve á parella como unha forma de salvación do un ao outro.


- EXPLIQUE OS “TRES XUÍZOS”

Como o explica A Música no Culto Católico (#25-41), o xuízo tríplice (musical, litúrxico, e pastoral) debe ser usado para determinar o valor dun elemento musical nunha celebración litúrxica.
Para facer un xuízo musical, un necesita tomar en consideración a calidade da peza. É boa tecnicamente, esteticamente, e expresivamente? A música que non soa artisticamente sólida, non é apropiada para usarse na liturxia.
A música sacra, será máis santa canto máis intimamente estea unida á acción litúrxica, xa sexa expresando con maior delicadeza a oración, fomentando a unanimidade, ou enriquecendo de maior solemnidade os ritos sacros (CSL #112).
O xuízo litúrxico faise tomando en consideración a natureza mesma da liturxia. Necesítase prestar atención a escoller música que sexa adecuada ao significado e á estrutura do rito, dun texto sólido e que contribúa ao ritmo total da acción litúrxica.
O xuízo pastoral tamén se necesita para escoller unha música que lles permita ás persoas dunha determinada comunidade de crentes, expresar significativamente a súa fe en circunstancias concretas de tempo e de lugar.


- QUEN DEBE PLANEAR A MÚSICA DO MATRIMONIO?

As parroquias polo xeral, xa teñen músicos pastorais e equipos de preparación litúrxica que traballan co pastor e a parella para prover música adecuada para o Rito do Matrimonio. Xeralmente, faise unha reunión co músico da parroquia para escoller a música apropiada para a celebración do matrimonio. A miúdo, a parroquia ten unha lista de música apropiada ou tal vez unha cinta ou CD que inclúa posibilidades do repertorio do músico.


- QUE DEBEMOS CANTAR?

Para motivar a participación activa dos presentes celebrando o matrimonio, é recomendable que haxa tanto unha ferramenta para adoración (un programa) e un cantor que guíe o canto.
O Salmo Responsorial e a Aclamación do Evanxeo sempre deben ser cantadas.

Esta é unha lista do que pode ser cantado :
- Salmo Responsorial
- Aclamación do Evanxeo
- Santo *
- Aclamación Memorial
- Amén
- Año de Deus
- Canto de Comuñón

Para o Rito do Matrimonio fóra da Misa, existe sempre a posibilidade dun Canto Comunal e/ou un Himno de Saída.


- ONDE PODEMOS ATOPAR LISTAS OU SUXESTIÓNS DE MÚSICA APROPIADA PARA A VODA?

O himnario da parroquia contén un índice de temas que ofrece unha selección de música adecuada como tamén arranxos para a Misa que a congregación debe estar familiarizada.
As compañías editoriais provén listas e suxestións para a música apropiada para a voda. Ao final deste panfleto, na sección de Recursos hai unha pequena lista de títulos que poden ser útiles. **

- CALQUERA CANCIÓN QUE FALE DE AMOR É APROPIADA PARA A VODA?

É moi importante escoller textos adecuados. O concepto Cristián de “amor” caracterízase polo compromiso e a fidelidade, e apoiada polo amor de Cristo. Os textos de cancións populares a miúdo enfocan soamente á parella e exclúen a Deus e á Igrexa. A pesar de que din cousas boas, non din o suficiente da orixe do amor e do rol de Deus nun matrimonio cristián. Os textos adecuados deben falar do Cristián, a dimensión relixiosa do amor e a relación de Deus. O texto das cancións que usemos debe apoiar de maneira particular á liturxia, por exemplo, un canto de Comuñón durante a Comuñón.

- É ADECUADO CANTAR CANTOS FAVORITOS SEGLARES NA CERIMONIA DA VODA?

A música litúrxica sempre debe expresar o tema do Misterio Pascual (MCW #23). As cancións seglares non son apropiadas en ningún momento durante a cerimonia. Todos os libros de cantos e publicacións litúrxicas teñen unha lista de suxestións de cantos litúrxicos.
A función da música é ministerial; debe servir e non dominar. A música debe axudar a que os crentes na asemblea expresen e compartan o don de fe que teñen dentro de se mesmos e de nutrir e fortalecer o seu compromiso persoal de fe (MCW #82).


- CANDO PODO UTILIZAR A MIÑA CANCIÓN POPULAR FAVORITA?

O momento apropiado para cancións de sentimentos e alegrías cuxos textos e melodías son obviamente de natureza seglar poden usarse nas recepcións, xantares ou ceas celebradas durante este tempo.


- PÓDESE USAR MÚSICA GRAVADA DURANTE O RITO DO MATRIMONIO?

No seu documento Música Litúrxica de Hoxe, os bispos dos Estados Unidos lémbrannos que “a liturxia é un complexo de sinais expresados polos seres humanos”. As voces e os instrumentos da asemblea non han de substituírse por música gravada. Novamente, o propósito de apoiar unha participación plena, activa e consciente dos fieis é o máis importante. (...)


- É APROPIADO CANTAR O NOSO PAI SÓ DURANTE A LITURXIA DA VODA?
As reformas convocadas polo Concilio do Vaticano II salientan que se debe considerar a participación plena, conciente e activa dos fieis primeiro de nada. Por tanto, toda a asemblea debe ter a oportunidade de unirse á oración do  Noso Pai cando ocorra na liturxia. (...)


- CAL PODE SER UNHA COMPENSACIÓN APROPIADA PARA OS MÚSICOS PASTORAIS?

Os músicos merécense unha remuneración polo servizo na voda. Este estipendio debe pagarse directamente ao os músicos antes da voda a menos que xa a parroquia teña outros arranxos de acordo ás súas normas. (...) Aínda que o músico sexa un voluntario da parroquia, débeselle dar alguna gratificación polo tempo brindado.


- CANDO SE PIDE A AVE MARÍA, CAL É O MOMENTO ADECUADO PARA COLOCALO?

Se se pide a Ave María, débese colocar nun momento onde unha música de meditación é apropiada xa que prevén participación de todos os presentes. Non é apropiada durante as procesións litúrxicas. Tal vez pode ser cantada como preludio ou despois do Rito da Comuñón antes da Oración despois da Comuñón. (...)







*(Canto principal e imprescindible)
**(En próximas entradas publicarei recomendacións de cantos para as celebracións do sacramento do Matrimonio) 



NOTA PERSOAL: 
Como parte implicada -xa que formo parte do coro parroquial-, debo dicir que me parece de educación o simple feito de da-las grazas tanto ó coro coma ós catequistas. É bo ter con un eles un detalle de agradecemento se son voluntarios, non me parece boa idea darlles cartos pero si un pequeno agasallo -unha tarxeta, uns bombóns,...- como se lle pode facer a un profe a final de curso como agradecemento (e iso que os profes si que cobran polo seu traballo). Isto que parece tan evidente pasa bastante desapercibido nas parroquias e, moitas veces, un simple "grazas" é de agradecer para os que traballamos na vida parroquial. 



Comentarios

Publicacións populares