Cabodano de Angrois


Foto: http://www.taringa.net (Lavandeira Jr. / EPA)

Pedímosche, noso Apóstolo, 
no día da triste memoria:

Polos días que pasaron
Polas mans baleiras
Polos días non vividos
Polo apoio inesperado
Polo tempo compartido
Pola man tendida
Polos corazóns feridos
Polo cansazo na esperanza
Pola calor dos descoñecidos
Pola vida valorada
Pola luz que transmitiron

Dálles luz na escuridade, esperanza no futuro, alegría nas lembranzas, fe no desespero, agarimo solidario e xustiza na dor.





A UNIDADE MOVIL de intervencion en crise e en duelo do Centro de humanizacion da saúde dos Camilos-Tres Cantos de Madrid estará na nosa Diocese de Tui-Vigo o 25 xullo de 2014. Pola mañá en Tui e pola tarde en Vigo nunha localización preto da Concatedral con motivo novena do Sto Cristo. Se entran www.humanizar.es ou en google pondo o que esta en negrita esta a imaxe da unidade movil.

O 23 e 24 estará en Santiago de Compostela con motivo de darse a coñecer e ofrecer os seus servizos aos familiares das vítimas do accidente de Angrois.

O seu dobre obxectivo é dar a coñecer este servizo humano-eclesial e crear unha rede de voluntarios formados para crear polo menos, na diocese, un "centro de escoita" para intervir no duelo duradeiro, onde poidan acudir gratuitamente os nosos cidadáns que non superan perdas importantes.

Dálle difusion. Interésanos chegar aos medios de comunicacion, os traballadores en funerarias e residencias de anciáns; profesionais e voluntarios en coidados paliativos. Poden achegarse ou contactar.

O 25 de xullo a unidade movil ímola a situar de 11 a 14.30h en Tui nun lugar próximo á Catedral ou no mesmo paseo da Corredera. En Vigo de 18.00 a 20h   preto da Concatedral ou no porto preto da Laxe
(inda teñen que concretar o sitio).

Comentarios

Publicacións populares