O meu cáliz beberédelo - Mt 20, 20-28
Día do Apóstolo
NO DÍA DA PATRIA
Dálle un aloumiño á Patria: coa súa luz, ves
ti a luz.
Dálle un alento á Patria para que medre.
Dálle unha aperta á Terra: nela pisas,
brincas, choras, fas medras.
Dálle conforto á Terra para que terme.
Dálle un abrazo a Galicia: deuche un pobo e o
pobo deuche un ser.
Dálle alegría a Galicia para que alente.
Dálle agarimo ao Pobo: deuche a fala e a fala
deuche a chave para entender.
Dálle pulo ao teu Pobo para que alente.
Dálle un bico á túa xente: ela deuche a graza
dun cantar.
Dálle forza á túa xente para que cante.
Dálle un viva á túa Patria: deuche os fíos e o
tear do teu vivir.
Dálle vida á túa Patria para que ande.
Dálle amor a Galicia: deuche nome e camiño,ser
e poder ser.
Dálle festa a Galicia para que goce.
Por fidelidade a ti propio: ama a Galicia que
é algo teu coma ti es dela.
Por fidelidade aos defuntos: ama o pobo e a
cultura que deixan.
Por fidelidade aos vivos: non debilites ese
corpo vivo que é o pobo e a súa lingua.
Por fidelidade aos que virán: déixalles o
regalo dun pobo vivo, un fogar para ser humanos e ser irmáns.
Por fidelidade á humanidade: non deixes que se
empobreza perdendo a cultura galega que lle pertence.
Por fidelidade a Deus: creador, amante e
inspirador de vida, soamente se lle adora coidando a vida, aquí, galega.
Cando
sofre o pobo,
sofres
ti con el,
e
se o pobo loita,
loitas
ti con el,
e
se o pobo baila,
bailas
ti con el.
O
meu pobo, sofre, loita, baila,
e
eu quero estar con el.
Comentarios
Publicar un comentario