Libro de Firmas para vodas

Seguín buscando ideas diferentes para crentes 
que queren celebrar os sacramentos en galego 
e, por que non, despois de bautizos e primeiras-comuñóns, 
tamén pensei algo para unha voda.

Aquí tedes un libro de firmas co texto de Corintios (1 Cor 12,32-12,8A),
o meu favorito para vodas sen dúbida.











 Por se alguén quere facer un álbum "alternativo" e orixinal 
engadín estas tres follas; 
para facer fotos dos invitados "diferentes"
a xente comezou a facer os Photocall, "de aí a 3ª folla" ;)




... pensei que sería boa idea deixar carteis con letras 
para formar palabras con bos desexos para os noivos, 
iso si, non vale repetir palabra: amor, fe, saúde, confianza, ...
(se vos animades facede polo menos un par de alfabetos 
3 ou 4 xogos de vogais de máis 
para formar palabras sen problemas):
















Se engadides esta parte, 
non esquezades poñer unhas follas para pegar as fotos do "photocall",
se as xirades tedes máis variación:












Comentarios

Publicacións populares