BENAVENTURANZAS DO PEREGRINO



BENAVENTURANZAS DO PEREGRINO


Benaventurado es, peregrino,
se descobres que o camiño che abre os ollos ao que non se ve.      
Benaventurado es, peregrino,
se ao longo do camiño atopaches compañía,
outros que decidiron camiñar contigo ata o fin.

Benaventurado es, peregrino,
se no camiño percorriches o sendeiro do silencio e soidade
e nelas te atopaches con Deus.

Benaventurado es, peregrino,
se no camiño cargaches con outra ferida que non é túa,
e con outro peso que non é o teu,
con outra vida da que o camiño te fixo responsable.

Benaventurado es, peregrino,
se deches un paso atrás para axudar a outros,
se esperaches ao que se atrasa, se animaches o abatido.

Benaventurado es, peregrino,
se no camiño buscas a verdade e a vida
e atopas en Xesucristo e no seu Evanxeo.  

Benaventurado es, peregrino,
se o teu corazón se enche de gratitude ante o don
que recibes continuamente.

Benaventurado es, peregrino,
se o camiño te fixo paciente e humilde contigo mesmo
e cos demais. 

Benaventurado es, peregrino,
se fixeches o camiño da paz verdadeira 
con todas as persoas que atopaches
e deixaches tras de ti un signo da bondade do mesmo Deus.

Benaventurado es, peregrino,
se o camiño te amosou o paradoxo da vida,
a noite e o día, a choiva e o sol, a tristeza e a alegría,
e todo o acolliches converténdoo en ofrenda de vida.

Benaventurado es, peregrino,
se o camiño che deu a comprender 
que se chega ao gozo da meta
a través da senda da cruz, da renuncia, da perda da vida.
 
Benaventurado es, peregrino,
se recibiches por selo un desprezo 
e respondiches cunha bendición.

Benaventurado es, peregrino,
se o camiño che ensinou que empeza cando se acaba.



Mª del Prado González, 
Agostiña contemplativa



Comentarios

Publicacións populares