Son bo e humilde de corazón - Mt 11, 25-30

Domingo 14 de Ordinario - ciclo A


O SEÑORÍO DE DEUS

O Señor, aínda que é Señor
do que hai no ceo e no terra,
non se xunta cos señores
nin con eles fai tarefa.

Non vai á misa no carro
dos sabios e dos prudentes,
que poñen ciencia e prudencia
ao servizo do indecente.

O Señor, aínda que é Señor
do que hai no ceo e no terra,
gústalle estar cos humildes
e facer con eles xeira.

Quentarse no mesmo lume,
comer o mesmo panciño,
contarlles os seus segredos
paseniño, paseniño.

Por iso os pobres todos,
os cansos e os oprimidos,
son os amigos de Deus,
atopan en Deus alivio.

O Señor, aínda que é Señor.
do que hai no ceo e no terra,
non fai do seu señorío
carga pesada e fera.

Vira o ser dos humildes
en xente valente e dura
para dar contra os abusos
que sementan a tristura.

Así que, amiguiños todos,
pobres e humildes de Deus,
non desesperemos nunca,
que Deus mira polos seus.


Comentarios

Publicacións populares