Oración a Santa Marta - 29 de xullo


PARA CASOS DIFÍCILES E URXENTES

Santa Marta:
Eu acóllome a túa protección e amparo,
En proba do meu afecto e fe
ofrézoche esta luz que na túa honra encenderei.

Milagrosa Santa Marta,
consólame nas miñas necesidades e as de todos os meus,
e pola inmensa dicha que gozaches
ao hospedar na túa casa ao Salvador,
intercede polo meu e por toda a miña familia,
para que sempre conservemos nos nosos corazóns a Deus
e sexan resoltas as miñas necesidades e as dos meus.

Milagrosa Santa Marta,
Eu suplícoche no nome de Deus todopoderoso,
teñas misericordia infinita do favor que che pido:
 ….
Eu suplícoche, miña Santa, 
que venzas as miñas dificultades e as de tódolos meus, 
como venciches ao dragón que te aos teus pés.

(Noso Pai, Ave María e Gloria)

GRAZAS SANTA MARTA POLOS FAVORES RECIBIDOS. AMÉN.








A romaría de Santa Marta de Ribarteme celébrase cada ano o 29 de Xullo na Parroquia de San Xose de Ribarteme, Concello das Neves, en Pontevedra, Galicia. Coñécese tamén como a romaxe dos cadaleitos, a Romaría dos cadaleitos ou a procesión dos case mortos pois,nesta tradición popular, os devotos á virxe son transportados vivos en féretros e saen en procesión xunto coas imaxes da virxe.

Historia e tradición

Santa Marta foi a irmá de Lázaro e por iso, segundo a tradición cristiá, é a protectora dos que están en perigo de morte. A procesión do 29 de Xullo é a maneira que teñen os fieis de agradecer a intervención milagrosa na súa curación ou na dalgún familiar gravemente enfermo. Unha especie de promesa tras moitas pregarias que, basicamente, ten como obxectivo dar grazas por non acabar dentro dun féretro. Aos ocupantes do féretro chámaselles "os ofrecidos" precisamente porque todo forma parte dunha ofrenda á vida.

Unha vez finalizada a misa, as campás da igrexa soan, dando o toque de saída para os féretros que se dirixen cara ao cemiterio máis próximo, desde onde regresarán en procesión até o punto de partida, mentres a xente canta as salmodias "Virxen Santa Marta, estrela do Norte, traemosche os que viron a morte".

No caso dos nenos, os cadaleitos sempre van baleiros, aínda que hai constancia de que antigamente os cadaleitos infantís eran transportados polos mesmos nenos. A procesión é seguida por outros penitentes que, en caso de non querer ser transportados en cadaleito, cobren as súas roupas cunha gasa branca e camiñan portando unha vela tras a imaxe da Santa que tamén acompaña aos féretros durante a procesión. Santa Marta leva a man dereita alzada en sinal de protección cara a aqueles que conseguiron escapar da morte, feito que os fieis compensan achegando diversas ofrendas económicas.

Esta tradición ten máis de cinco séculos de historia. A recomendación dada por un bispo en 1700 ao párroco de Sta. Marta para que arranxase a igrexa co diñeiro dos exvotos dos romeus, significa a primeira referencia histórica desta celebración. Desde entón, cada ano, miles de peregrinos convócanse na pequena localidade das Neves, que conta con 4.400 habitantes, para acompañar á imaxe de Santa Marta.

FONTE: http://es.tanatopedia.net/index.php/Romer%C3%ADa_de_Santa_Marta_de_Ribarteme



Comentarios

Publicacións populares