A17. Canto amo, Señor, a túa Lei! - Salmo 118
Domingo 17 de Ordinario - ciclo A
MOITO VALES, SEÑOR
Señor, moito vales.
A maior ganancia es Ti.
A perla máis fermosa es Ti.
O tesouro máis desexado es Ti.
O demais non enche, non satisfai.
Ditosa a persoa que tropeza contigo.
Ditoso quen te atopa e te descobre.
Todo o que buscamos lévalo Ti:
verdade, xustiza, amor, paz, ledicia,
revolución, fraternidade, festa,
solidariedade,
nova vida, nova sociedade, nova humanidade.
Todo ten o teu rostro, a túa voz, o teu nome.
Ti es o tesouro da nosa vida.
Comentarios
Publicar un comentario