XMX CRACOVIA 2016 - Día 8 (Diocese Tui-Vigo)
Venres 22.
Rydzyna.
Segundo día de actividades deportivas,
culturais e relixiosas organizadas
polos propios
deanatos.
Despois da misa da mañá,
visitamos o castelo de Rydzyna
ou palacio do s.XVIII, ou -como din alí-
o Zamek Rydzynie, preciosisísimo,
...onde nos deron un pequeno concerto.
Despois de culturizarnos
-que hai que ver que bonita é a arquitectura polaca-,
e facer un descansiño...
leváronos de excursión a un lago,
o Boszkowo, e xogamos un partido de fútbol
das seleccións española e polaca.
Emocionante foi, 6-7 para nós,
pero perdimos a foto da chilena de Alberto,
cachis...
Non gañamos a Eurocopa
pero celebrámolo coma si...
Despois de comer, -que rico todoooo!!!-
...cantar, bailar
e dar a brasa como corresponde
(hai que cumprir coas obrigas da mocidade),
...retirámonos pronto
que había que erguerse cediño...
E despedímonos das familias,
que os polacos sonche ben riquiños
(e guap@s tamén, a que negalo)...
Comentarios
Publicar un comentario