Deuvos a vida con el, perdoándovos todos os pecados - Col 2, 12-14
Domingo 17 do Tpo. Ordinario - ciclo C
ORACIÓN DE CADA MAÑÁ
Pai,
Noso Pai, Pai de todos,
grazas por este novo día.
Grazas polo descanso da noite,
pola auga fresca para me lavar,
polo pan e polo leite,
pola compaña da familia,
polo corpo e pola mente espelida que teño
para levar a cabo o meu traballo.
Que poida honrarte co meu traballo hoxe,
que axude a que medre o mundo
en xustiza, en paz, en irmandade.
Que os pobres solezan co meu esforzo.
Que poida chegar á tardiña contento
porque todo nas miñas mans
se fixo máis limpo e verdadeiro.
Que veña o teu Reino.
Grazas pala miña comunidade cristiá,
que nela atope perdón, consolo e esperanza.
Grazas polos irmáns que a diario me sosteñen,
que atopen en min apoio e dinamismo.
Que goce na casa
compartindo cos meus o gozo sen medida
de coñecerte e de servirte
con amor e con intelixencia creadora.
Comentarios
Publicar un comentario