4 jul. 2016

Velaí mandarei sobre ela, coma choiva, a paz- Is 66, 10-14c

Domingo 14 de Ordinario - ciclo C


APÓSTOLO

Vamos, amigo,
 non te cales nin te achantes,
que has de brillar como lume nocturno,
 como faro na tormenta,
con luz que nace na fogueira de Deus.
           
Vamos, amigo,
 non te rendas nin te pares, que hai quen
espera, arelante, que compartas o que Outro che regalou.
Aínda non descubriches que es rico
para darte a mans cheas?

Anda non caíches na conta de que
a semente que, en ti, medra puxante, fértil,
poderosa, dará froitos de vida e evanxeo?

Vamos, amigo.
Ama a todos con amor único e diferente,
déixate no anuncio a voz e as forzas,
ri coa risa contaxiosa das persoas felices,
chora as bágoas valentes do que afronta
a intemperie ata o último día, ata a última pinga,
ata o último verso.

No nome de Aquel
que pasou polo mundo amando primeiro

José María R. Olaizola, sj


No hay comentarios:

Publicar un comentario