Buscade as cousas de alá enriba, onde está Cristo - Col 3, 1-5. 9-11

Domingo 18 do Tpo. Ordinario - ciclo C


QUE DIFÍCIL É NON COBRAR!


Que difícil é non cobrar!
Diñeiro,
postos,
recompensas,
agasallos,
encomios,
admiración...

Ás veces, comisións,
favores,
sobres...
E outras,
impostos,
taxas,
fotos para o recordo...

Cóbrase case sempre.
As primeiras veces
pasamos a factura con disimulo.
Despois, cando xa nos habemos avezado
e consolidado, que chega sen pensalo,
até nos vangloriamos diso.

E chega o despropósito:
os grandes emporios,
o ser exclusivos,
o prestixio,
a competencia,
o crernos donos de case todo...

O gratuíto non ten prestixio
e o pequeno non conta con futuro.
Comercializámolo todo...

Pero Ti, Xesús, nin cobrabas
nin acumulabas
nin eras avaricioso;
e avisaches do perigo.


Florentino Ulibarri



Comentarios

Publicacións populares