Levo no meu corpo os sinais de Xesús - Gal 6, 14-18
Domingo 14 de Ordinario - ciclo C
ORACIÓN DA TESTEMUÑA
É hora de ser as túas testemuñas, Señor.
É hora de construír xuntos a civilización do
amor.
É hora de saír ás prazas e cidades como irmáns
e irmás.
É hora de facer do mundo un arco iris de
unidade cheo de cores.
É hora de anunciar a vida dende a vida feita
festa.
É hora de berrar ao mundo das persoas a túa
salvación.
É hora de gritar como voceiros da alba a homes
e mulleres,
que o Crucificado resucitou, e o mundo sabe a
redención.
É hora de vivir na luz e de abrir camiños sen
fronteiras.
É hora de darse a man e facer un coro grande
con todos.
É hora de dicir aos medos, non temades, tede
ánimo.
que o mundo, o corazón do mundo, vive en
Resurrección.
É hora de xuntarnos como amigos nun so pobo.
É hora de marchar unidos sementando a paz e o
amor.
É hora de chamar a todos irmáns e irmás.
É hora de vivir en harmonía, en lazos de
irmandade e comuñón.
Que así sexa.
Comentarios
Publicar un comentario