16 de xullo - Virxe do Carme
NOVENA Á VIRXE DO CARME
(ADAPTADO DO TRABALLO DO EQUIPO PASTORAL MAIPÚ)
ACTO PENITENCIAL PARA CADA DÍA
PRIMEIRA FORMA: Acto de Contrición
Meu Señor, Xesucristo, pésame de todo corazón ofenderte,
por ser Ti tan bo e digno de ser amado.
Axudado polo teu Amor e Misericordia prométoche
esforzarme en cambiar a miña vida, para ser un bo cristián. Amén.
SEGUNDA FORMA: Ten piedade
- Por non saber, como María, nosa Nai,
aceptar a vontade de Deus na nosa vida,
Señor, ten piedade.
- Por non saber, como María, a nosa Nai,
gardar a Palabra do Señor no noso corazón,
Cristo, ten piedade.
- Por non saber, como María, a nosa Nai,
apresurarnos en ir axudar aos nosos irmáns,
Señor, ten piedade.
PROPÓSITO
Cada día ofreceremos á nosa Señora da Carmen un agasallo concreto
no esforzo que fagamos para mellorar un aspecto da nosa vida persoal,
sexa na nosa relación con Deus, cos demais ou connosco mesmos.
ORACIÓN Á VIRXE DA CARMEN
PRIMEIRO DÍA
MARÍA NO ANTIGO TESTAMENTO
SINAL DE ESPERANZA
1. Acto Penitencial
2. Lectura: 1ª Reis 18, 42 – 45
42Acab foi comer e beber, mentres
Elías rubía o cume do Carmelo. Alí sentouse dobrado cara ó chan, coa cabeza
entre os xeonllos.
43Díxolle ó seu criado: ‑"Vai
e outea cara ó mar". Foi el, outeou e dixo: ‑"Non se ve nada".
El insistiulle: ‑"Volve, ata sete veces". 44A sétima vez o servo
dixo: ‑"Érguese sobre o mar unha nube pequena, coma a palma da man".
Elías mandoulle: ‑"Vaille dicir a Acab que enganche o carro e que baixe,
se non quere que a chuvia o deteña".
45Nun intre o ceo cubriuse,
estalou a treboada e rompeu a chover a cántaros. Acab ía cara a Iezrael,
montado no seu carro. 46A man do Señor pousouse sobre Elías, que cinguiu o seu
cinto e correu diante de Acab, ata a entrada de Iezrael.
3. Meditación persoal sobre a lectura
4. Oración
María, Nai de esperanza, axúdanos a vivir como Ti o fixeches, levando paz,
amor e alegría a todos os homes, para que así Cristo viva en nós e
podamos ser reflexos do seu misericordia aos homes. Amén.
5. Petición
Polos homes que viven sen esperanza, que senten que os problemas da vida
superan as súas forzas, para que atopen xunto á Virxe da Carmen a forza
para superar as súas dificultades e unirse á Cruz de Cristo que nos leva á
Resurrección. Roguemos ao Señor.
6. Oración á Virxe do Carme
SEGUNDO DIA
MARÍA NO NOVO TESTAMENTO
MARÍA NA ANUNCIACIÓN
1. Acto penitencial
2. Lectura: Lucas 1, 26 – 38
26Os seis meses, Deus mandou o
anxo Gabriel a unha vila chamada Nazaret, 27onda unha mociña prometida a un
home da casa de David, que se chamaba Xosé; o nome da mociña era María.
28Entrando onde estaba ela,
díxolle:
‑Alégrate, chea de graza, o Señor
está contigo.
29Ela turbouse con estas
palabras, cavilando no que podería significar o saúdo aquel. 30O anxo
continuou:
‑Non teñas medo, María, porque ti
atopaches graza ante Deus; 31e, fíxate, vas concibir no teu ventre e darás á
luz un fillo, ó que lle poñerás de nome Xesús. 32Será grande e chamarase Fillo
do Altísimo, e o Señor Deus daralle o trono de David, seu pai; 33reinará por
sempre na casa de Xacob, e o seu reinado non terá fin.
34María respondeulle ó anxo:
‑¿E como pode ser isto, pois eu
son virxe?
35O anxo replicoulle:
‑O Espírito Santo baixará sobre
ti e o poder do Altísimo cubrirate coa súa sombra; por iso o que vai nacer de
ti será santo e chamarase Fillo de Deus. 36Aí tes a túa curmá Isabel, que concibiu
un fillo na súa vellez, e xa está de seis meses a que chamaban estéril, 37que
para Deus non hai imposibles.
38María contestou:
‑Velaquí a escrava do Señor:
cúmprase en min o que dixeches.
E o anxo marchou de onda ela.
3. Meditación persoal sobre a lectura
4. Oración
María, Virxe fiel, fainos xenerosos para servir aos nosos irmáns. Que nunca
a comodidade, a covardía ou a indeferenza nos faga negarnos a tomar na vida
a responsabilidade que o Pai Deus nos pide. Dános forzas para cumprir
sempre coa nosa misión e así pór o noso gran de area para que o mundo
sexa mellor. Amén.
5. Petición
Polos que teñen a responsabilidade de conducir a Igrexa e aos gobernantes, para que
sempre o fagan coa conciencia de que tarefa é un servizo e sexan xenerosos
para entregarse de maneira total aos demais sen esperar recompensas.
Roguemos ao Señor.
6. Oración á Virxe do Carme
TERCEIRO DIA
MARÍA AO PÉ DA CRUZ
1. Acto Penitencial2. Lectura: Xoán 19, 25 – 27
25O pé
da cruz de Xesús estaban súa nai e a irmá de súa nai, María a de Cleofás, e
mais María a Magdalena. 26Xesús, vendo a súa nai e, onda ela, o discípulo a
quen amaba, díxolle á nai:
‑Muller,
velaí o teu fillo.
27Despois
díxolle ó discípulo:
‑Velaí
a túa nai.
Desde
aquela hora o discípulo acolleuna con el.3. Meditación persoal sobre a lectura
4. Oración
Virxe do Carme, Nai nosa, axúdanos a cumprir a misión que o Pai Deus
puxo na nosa vida. Líbranos do egoísmo, do orgullo e de querer impor
a nosa vontade. Cando debamos cargar unha cruz, dános forza para facelo
con xenerosidade e feixe que nunca nos neguemos á vontade do Pai. Amén.
5. Peticións
Por todos os que son chamados a sacrificarse polos seus irmáns, para que as súas
vidas estean cheas de amor e así se fagan fecundas na entrega e que o seu exemplo
mova moitos a ser xenerosos. Roguemos ao Señor.
6. Oración á Virxe do Carme
CUARTO DIA
MARÍA E A LIBERDADE
1. Acto Penitencial2. Lectura: Lucas 1, 39 – 56
39Naqueles mesmos días saíu María
con moita présa camiño da montaña, a unha vila de Xudá. 40Entrou na casa de
Zacarías e saudou a Isabel. 41E en oíndo Isabel o saúdo de María, o neno
brincoulle no ventre. Entón, chea do Espírito Santo, 42exclamou Isabel, a
grandes voces:
‑Bendita ti entre as mulleres e
bendito o froito do teu ventre. 43¿Quen son eu para que me visite a nai do meu
Señor? 44Pois ó que chegou o teu saúdo ós meus oídos, brincou de alegría a
criatura no meu ventre. 45¡Ditosa ti que criches que se cumpriría canto che
anunciaron de parte do Señor!
46Entón María exclamou:
A miña alma proclama a grandeza
do Señor,
47e alégrase o meu espírito en
Deus, o meu Salvador,
48porque reparou na súa humilde
escraviña.
Velaí: desde agora
tódalas xeracións me van
felicitar.
49¡Marabillas o Poderoso fixo en
min!
O seu nome é Santo;
50a súa misericordia chega
xeración tras xeración
a todos os que o temen.
51Manifesta o poder do seu brazo,
desbaratando os plans dos
soberbios.
52Derruba do seu trono ós
poderosos,
e fai subir os humildes;
53ós famentos éncheos de bens,
e ós ricos despídeos baleiros.
54Ampara a Israel, o seu
Servidor,
lembrándose da súa misericordia,
55conforme prometera a nosos
pais,
en favor de Abraham e da súa
descendencia para sempre.
56María permaneceu con ela tres
meses, e logo volveuse para a súa casa.
3. Meditación persoal sobre a lectura4. Oración
Virxe do Carme, Nai e Raíña nosa, fai do noso mundo, un mundo libre de toda
escravitude interior e exterior. Que o odio non nos separe, que o egoísmo
non nos encerre en nós mesmos e que no corazón de cada un de nós
haxa un Santuario desde onde ti ames aos demais e reines con misericordia,
para que así o teu Fillo divino sexa glorificado nesta terra que o bendiciu pola
túa intercesión. Amén.
5. Peticións
Polos que traballan pola paz, a liberdade e a xustiza, para que sempre o fagan
cun corazón libre de todo odio e revanchismo, para que busquen só o ben
común e non os seus intereses persoais ou partidistas e para que o seu esforzo sincero
non sexa mal interpretado. Roguemos ao Señor.
6. Oración á Virxe do Carme
QUINTO DIA
MARIA E A PAZ
1. Acto Penitencial2. Lectura: Feitos 1, 12-14
12Entón volveron para Xerusalén
desde o chamado Monte das Oliveiras, que está cerca de Xerusalén: distante o
camiño que se pode facer en sábado. 13Logo que chegaron, subiron ó cuarto de
arriba, onde residían Pedro, Xoán, Santiago, Andrés, Filipe, Tomé, Bartolomeu,
Mateu, Santiago o de Alfeo, Simón o Zelota e Xudas o de Santiago. 14E todos
eles dedicábanse conxuntamente á oración, con algunhas mulleres e mais María a
nai de Xesús e cos seus irmáns.
3. Meditación persoal sobre a lectura4. Oración
Virxe do Carme, Raíña da Paz, a ti encomendamos a paz dos nosos
corazóns, nos nosos fogares e no mundo enteiro.
Protéxenos de todo odio, guerra e división, vence a violencia co amor e
axúdanos a vivir a todos como fillos dun Pai común. Amén.
5. Peticións
Para que a paz reine en todos os pobos e en todos os corazóns, para que
todos os que somos cristiáns sintamos chamados a construír esa paz ao redor de nós.
Roguemos ao Señor.
6. Oración á Virxe do Carme
SEXTO DIA
MARIA E A FE
1. Acto penitencial2. Lectura: Lucas 2, 21-40
21Os oito días tocaba circuncidar
o neno e puxéronlle de nome Xesús, tal como o chamara o anxo antes da súa
concepción.
22E cando chegou o tempo da
purificación, conforme a Lei de Moisés, levaron o neno a Xerusalén, para llo
presentaren ó Señor 23(pois así está escrito na Lei do Señor: Todo varón
primoxénito consagraredes ó Señor), 24e tamén para faceren unha ofrenda , conforme
se di na Lei do Señor: Un par de rulas ou dous pombiños.
25Vivía nese tempo en Xerusalén
un home xusto e piadoso, chamado Simeón, que agardaba a restauración de Israel.
O Espírito Santo, que estaba con el, 26tíñalle prometido que non había morrer
sen ver o Unxido do Señor.
27Movido polo Espírito, foi ó
templo, e, cando entraban os pais do neno Xesús para cumpriren o mandado pola
Lei do Señor, 28el, colléndoo nos brazos, loou a Deus dicindo:
29‑Agora podes, Señor, segundo a
túa promesa,
despedir en paz o teu servo,
30porque xa os meus ollos viron o
teu Salvador,
31o que preparaches para todos os pobos:
32luz de revelación para os
xentís
e gloria do teu pobo Israel.
33O pai e mais a nai do neno
ficaron abraiados polo que tal dicía do neno. 34Bendiciunos Simeón e díxolle a
María, a nai:
‑Mira, este está disposto para
caída ou levantamento de moitos en Israel, para ser bandeira de discusión; 35e
a ti mesma unha espada hache atravesar a alma: así ficarán descubertas as
cavilacións de moitos corazóns.
36Había tamén unha profetisa moi
vella chamada Ana, filla de Penuel, da tribo de Axer, que vivira sete anos co
seu marido desde que casara, 37e logo como viúva ata os oitenta e catro. Non se
apartaba do templo nin de noite nin de día, servindo a Deus con xaxún e
oracións. 38Presen-tándose naquel intre no templo, glorificaba a Deus e falaba
do neno a todos os que esperaban a redención de Xerusalén.
39Cando remataron todo o ordenado pola Lei do
Señor, volveron para Galilea, á vila de Nazaret. 40O neno ía medrando lanzal,
forte e intelixente; e a graza de Deus estaba con el.
3. Meditación persoal sobre a lectura4. Oración
Virxe do Carme, Nai nosa, ensínanos a ter fe. Fai que nunca perdamos a confianza
a pesares das dificultades e dos reveses da vida. Fai nos sintamos capaces de superar
os momentos máis difíciles e escuros protexéndonos nas túas mans como fixeches
co teu Fillo Xesús desde o berce hasta a cruz. Amén.
5. Peticións
Polos que teñen o corazón ferido, polos que perderon as forzas e míranse desamparados,
polos que se sinten tris tes e sos, para que todos sintan que o amor de Cristo
e o teu dóce amor de Nai. Roguemos ao Señor.
6. Oración á Virxe do Carme
SEPTIMO DIA
MARÍA INTERCESORA
1. Acto penitencial2. Lectura: Xoán 2, 1-11
1O
terceiro día houbo un casamento en Caná de Galilea, e estaba alí a nai de
Xesús. 2Tamén foi convidado Xesús e mais os seus discípulos ó casamento.
3Chegou a faltar o viño e a nai de Xesús díxolle:
‑Non
che teñen viño.
4Replicoulle
Xesús:
‑Muller
¿que ten que ver iso comigo e contigo? Aínda non chegou a miña hora.
5Súa
nai díxolles entón ós servidores:
‑Facede
o que el vos diga.
6Había
alí seis tallas de pedra para as purificacións dos xudeus, que levaban ó pé de
cen litros cada unha. 7E ordenoulles Xesús:
‑Enchede
de auga as tallas.
Eles
enchéronas de todo.
8Díxolles
entón:
‑Collede
agora e levádelle a proba ó mestresala.
Eles
levárona. 9E, cando o mestresala probou a auga volta viño, sen saber de onda
viña (os servidores si que o sabían, que eles colleran a auga) falou co noivo
10e díxolle:
‑Todo o
mundo pon de primeiras o viño bo e, cando xa están bébedos, o máis cativo; ti,
en troques, deixáche-lo viño bo para agora.
11Foi
así como fixo Xesús o primeiro dos signos en Caná de Galilea; manifestou a súa
gloria, e creron nel os seus discípulos.3. Meditación persoal sobre a lectura
4. Oración
María, Nai, intercede por nós, escoita as nosas oracións e as nosas súplicas,
escoita aos que sofren, aos que están perdidos e lévaos a Xesús.
Dános forzas na adversidade e na desesperanza, cóllenos da man e
guíanos cara a Deus cando non sabemos chegar a El. Amén.
5. Peticións
Polos que padecen as guerras, o desamparo e a desesperación, polos secuestrados,
os presos, polas mulleres maltratadas e polos enfermos de corpo, de mente e espírito
para que encontren o consolo e as forzas nas mans de María.
Roguemos ao Señor.
6. Oración á Virxe do Carme
OCTAVO DIA
MARÍA E A ESCOITA
1. Acto Penitencial2. Lectura: Lucas 2, 41-52
41Polas festas da Pascua seus
pais ían todos os anos a Xerusalén. 42E así, cando o neno tivo doce anos,
subiron á festa, conforme a tradición. 43Pasados aqueles días, cando eles volvían
o neno Xesús quedou en Xerusalén, sen que seus pais se decatasen. 44Coidando
que iría na comitiva, fixeron unha xornada de camiño; entón buscárono entre os
parentes e coñecidos. 45Pero como non deron con el, volveron a Xerusalén para
buscalo. 46E resulta que, ó cabo de tres días, atopárono no templo, sentado no
medio dos doutores e dialogando con eles. 47Todos os que o escoitaban estaban
asombrados do seu talento e das súas contestacións. 48O velo, ficaron moi
impresionados, e a súa nai preguntoulle:
‑¡Meu fillo! ¿Como te portaches
así connosco? Mira que o teu pai e mais eu andamos cheos de angustia en busca
túa.
49El respondeu:
‑¿E logo por que me buscades?
¿Seica non sabiades que eu teño que estar na casa de meu Pai?
50Pero eles non entenderon a
resposta. 51Baixou con eles a Nazaret, e vivía baixo a súa autoridade. A nai
conservaba todas estas cousas no seu corazón.
52Xesús medraba en estatura, en
sabedoría e en graza diante de Deus e mais
dos homes.3. Meditación persoal sobre a lectura
4. Oración
María, Nai de Xesús, axúdanos a escoitar a Palabra de Deus, a recibir co corazón
o que nos quere dicir. A escoitar ó Espírito como Ti o fixeches, con confianza,
fe e esperanza, inda que non comprendamos os camiños que nos sinala. Amén.
5. Peticións
Polos que están perdidos nun momento de escuridade, polos que non atopan o camiño
e perderon a esperanza, polos que buscan un sinal e unha luz ó final do camiño
para que escoiten a voz do Señor.
Roguemos ao Señor.
6. Oración á Virxe do Carme
NOVENO DÍA
MARÍA
SIGNO DE ESPERANZA
1. Acto Penitencial2. Lectura: Lucas 1, 16-20
16Foron a correr e atoparon a María e mais a Xosé, e á criatura deitada na manxadoira. 17O que o viron, contaron todo o que lles dixeran do meniño, 18deixando pasmados a cantos escoitaban o que tal dicían os pastores. 19María, pola súa parte, conservaba todas estas cousas no seu corazón. 20Os pastores volveron, glorificando e loando a Deus por canto viran e oíran, tal como lles fora anunciado.
3. Meditación persoal sobre a lectura
4. Oración
María, Nai agarimosa de Xesús, axúdanos a facer a vontade de Deus,
apréndenos a mirar con ollos de esperanza como ti sempre fixeches,
que sexamos capaces de ver cos ollos da fe e poñernos nas mans do Señor.Amén.
5. Peticións
Para que non se perda a fe, a esperanza e o amor neste mundo tan complicado
e difícil, para que cada un de nós sexa xeneroso en pequenos e humildes actos
de amor cos irmáns que cada día vaian crecendo e multiplicando o xeneroso
Amor de Deus sen apenas decatarnos e cheguemos a un mundo de paz,
comprensión e xenerosidade como Xesús nos pediu.
Roguemos ao Señor.
6. Oración á Virxe do Carme
VER MÁIS:
http://xanostesaqui.blogspot.com.es/2015/07/cantos-virxe-do-carme.html
http://xanostesaqui.blogspot.com.es/2015/07/festa-da-virxe-do-carme.html
http://xanostesaqui.blogspot.com.es/2012/07/oracion-virxe-do-carme.html
Comentarios
Publicar un comentario