Por El e para El foron creadas todas as cousas - Col 1, 15-20
Domingo 15 do Tpo. Ordinario - ciclo C
A LEDICIA DE QUERER
POR SER QUERIDO
Pai do amor que dá vida e libera,
á sombra da túa misericordia,
acollida e gozada en min,
quero amar eu tamén á xente.
Porque ti me amas
e porque eu niso atopo gran felicidade,
ámote con todo o meu corazón,
ámote con toda a miña alma,
ámote con todas as miñas forzas,
ámote tamén con todo o meu entendemento.
Que ben me sinto
orientando cara a Ti a miña vida toda,
pousando en Ti en cada momento
todas as enerxías do meu ser!
Porque ti me amas
e porque eu niso atopo gran felicidade,
desexo amar ao próximo coma a min mesmo,
respectándoo e coidándoo,
achegándolle canto de min precise.
Que ben me sinto
mirando cada día o meu veciño necesitado,
deixando que o meu corazón se entenreza por
el,
e mobilizando as miñas enerxías todas
para atendelo no corpo e no espírito!
Comentarios
Publicar un comentario