Señor, non pases sen te deteres onda o teu servo-Xen 18, 1-10a

Domingo 16 de Ordinario - ciclo C


A NOSA PORTA ESTÁ ABERTA, SEÑOR

A nosa porta está aberta Señor para recibirche.

Non sabemos que hora era cando chegaches
ata a casa de Marta e María.
Si sabemos que ao patriarca Abraham
o visitaches á hora do mediodía, a hora da calor.

Non nos importa o día, a hora, o modo ... ,
o que necesitamos é que te pares
na nosa vida, que te quedes connosco.

Quizais nos poderías responder que máis dunha vez
tocaches a nosa porta e non che respondemos.
Seguro Señor, ás veces estamos tan centrados
en nós mesmos que o noso corazón se volve incapaz
de ver máis aló e de percibir a túa presenza.

Hoxe aprendemos de Marta e María
que o un e o outro: facer e orar,
pero mellor pola orde inversa: orar, escoitar a túa Palabra,
encher o noso corazón de Ti e logo si,
facer, traballar, organizar, coordinar as tarefas necesarias.

Sabemos que no noso «facer» tamén debemos reservar
un lugar importante para axudar os demais.
Non se pode ser cristián esquecéndose da sorte
dos nosos irmáns máis desfavorecidos.

Esperámoste. 
Grazas Señor por bendicirnos coa túa visita.

                        Eucaristía. evd 16º TOC





Domingo 16 de Ordinario - ciclo C


E SE DEUS FOSE…

E se Deus fose “o vento”
que penetra polo nariz e por todos os poros
ata osixenarnos os pulmóns e o espírito?

E se Deus fose “o silencio” 
que vela e garda cada noite como un tesouro
os nosos soños azuis e loucos?

E se Deus fose “a música”
que nos invita a cantar e a bailar nas prazas
rompendo todas as regras con alegría?

E se Deus fose “o mendigo”
que os tende a man
sen atreverse a confesar os seus medos e as súas fames?

E se Deus fose “Xesús de Nazaré”
morto e resucitado hai milenios,
e na actualidades estandarte de vida e esperanza
de pobres, humildes, misericordiosos e perseguidos?
                                  
Florentino Ulibarri

Comentarios

Publicacións populares