XMX CRACOVIA 2016 - Día 12 (Diocese Tui-Vigo)

Martes 26. 


Visita a Auschwitz: 
estar en Polonia e non visitar Auschwitz sería imperdonable, 
especialmente neste ano da Misericordia, 
non podemos deixar de pensar no que somos e no que podemos chegar a ser.
Así, algúns prefiren pechar os ollos e pensar que nunca existiron 
os campos de concentración e así tamén condenarse a repetir a historia, 
a historia máis triste...
 

Non son diferentes os nosos tempos, continúan os xenocidios 
e a vida vista através dos ollos do odio e da desconfianza, 
do medo e do horror... temos as nosas propias escuridades,
pero comprometímonos a ser luz,
temos que brillar, é o noso legado para os que están por chegar.
 
 
Que o que vimos e vivimos hoxe, quede gravado nos nosos corazóns 
para non repetir e para dar a man aos que piden esa luz...
 

Aparte da visita, 
houbo traballo e tempo de relaxarse tamén:
pola mañá, os nosos Iria e Luis aproveitaron 
para participar nun encontro da Acción Católica
aquí os tedes con Miguel, o responsable nacional
(a ver se conseguimos localizar a entrevista que lle fixeron a Luis).
  
 
E menos mal que os polacos son boa xente 
e traducíronos os carteis, porque para nós 
o polaco moito non se entende...
 e, pola tarde, Youth Festival en Poznan,
un pouco pasado por auga, eso si 
-entendemos que o chuvasqueiro foi mellor que a gorra-
e nós aproveitando para tirar do inglés:
 

Mañá máis e mellor...


Comentarios

Publicacións populares