Que lle aproveita ao home todo o seu labor? - Ecl 1, 2; 2, 21-23
Domingo 18 do Tpo. Ordinario - ciclo C
TI, SEÑOR,
DÁS SENTIDO Á MIÑA VIDA!
Quero, Señor,
que nunca antepoña un pequeno outeiro
ao cume en que a diario me esperas.
Que o que teño entre mans como afán da miña existencia,
non me obstaculice para traballar por aquilo que me tes reservado.
Que a miña cobiza sexa o terte a Ti,
o posuírche a Ti, o asemellarme a Ti,
fronte a outras moedas de cambio
que deixan tristeza e ansiedade no meu camiño.
Porque, despois de pisar a túa terra e as túas mesmos camiños,
quero confirmarche, unha vez máis, Señor,
QUE XA NON PODO VIVIR SEN TI.
QUE NON SEXA NECIO, SEÑOR!
Líbrame de crer que as nosas luces artificiais
son máis brillantes que o teu sol.
Faime comprender que o meu abrazo definitivo contigo,
supera con fartura todos os valores do mundo,
por moi marabillosos que estes sexan
(e non hai dúbida de que o son).
Axúdame a comprender que o tesouro que me tes reservado
merece a pena ser buscado e adquirido.
Porque, despois de pisar a túa terra e as túas mesmos camiños,
quero confirmarche, unha vez máis, Señor,
QUE XA NON PODO VIVIR SEN TI.
GÁRDAME DE TODA COBIZA, SEÑOR!
Líbrame de pensar que son pobre se non teño,
de soñar con riquezas posuíndo o gozo dos amigos
e a alegría dos que comparten a miña fe
Ben sei, o meu Señor, que a miña vida é máis vida,
cando gozando do que Ti me regalas,
loito por vivir a paz da túa Palabra e o agarimo do teu amor de Pai.
Axúdame, Señor, a non arrodillarme ante ningún "deus" fóra de Ti,
porque como ao teu profeta seducíchesme, Señor?
...e porque despois de pisar a túa terra e as túas mesmos camiños,
quero confirmarche, unha vez máis, Señor,
QUE XA NON PODO VIVIR SEN TI.
Isidro Lozano
Comentarios
Publicar un comentario