XMX CRACOVIA 2016 - Día 7 (Diocese Tui-Vigo)
Xoves 21
Rydzyna.
Día de actividades deportivas, culturais
e relixiosas organizadas polos propios
deanatos:
O primeiro de todo, a misa, ás 8.00
(que horarios teñen estes europeos...):
Por fin unha ao completo, custou...
Miriam, Irene, Sol, Alberto, Luis, Miguel, Ángel,
Suso, Alicia, Javier e Iria!!
E logo, os amigos de Rydzina recibíronos no concello:
Ás 9.30 xa marchamos ao Wroclaw Zoo
e Afrykarium de Breslavia...
E despois de tanto animaliño
(esta última foto, non sei, faime dubidar...),
marchamos comer que os nosos bandullos
facían xa uns coros "sospeitosos"
(a ver se descubrides a quen lle encantou a xirafa ;D):
Pola tarde, invitáronos a Leszno,
a ver unha carreira de motos,
unha Speedway desas...
Pola tarde na oración, descubrimos
que nos recibiu un cura rockeiro, Komrad
(o da guitarra), a súa banda chámase
Pinokio Brothers (non hai que traducir, non?),
non vos perdades a música que soa moi ben:
(inda que me gustaron inda máis en directo):
E, despois da oración, todos de volta
"a casa a descansar":
Mañán será outro día...
Comentarios
Publicar un comentario