FESTIVIDADE DE TODOS OS SANTOS

PRIMEIRA Ap 7, 2-4. 9-14

Eu vin: velaí unha amplísima multitude, que ninguén podía contar,

de tódalas nacións e tribus e pobos e linguas

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DA APOCALIPSE


2Vin outro anxo máis, que tiña o selo do Deus vivente, subir desde o nacente. Dicíalles a berros ós catro anxos, a quen se lles deu poder de dana-la terra e o mar: 3''¡Non lles fagades mal á terra nin ó mar, nin ás árbores, ata que marquemos co selo na testa os servos do noso Deus!''. 4E oín o número dos que tiñan a marca, cento corenta e catro mil, marcados de entre tódalas tribos dos fillos de Israel.


9Despois disto mirei e vin un mundo de xente, que ninguén era capaz de contar, de tódalas nacións, familias, razas, pobos e linguas, en pé diante do trono do Año. Vestían roupa branca e levaban ramallos de palma nas mans. 10Proclamaban con grande voz:

''A salvación perténcelle ó noso Deus,

que senta no trono, e mais ó Año''.


11Tódolos anxos que estaban en pé arredor do trono, dos anciáns, e dos catro animais, postráronse diante do trono para adoraren a Deus. 12Proclamaban:

''¡Amén! A bendición, a gloria, a sabiduría,

a acción de gracias, a honra,

o poder e maila forza perténcenlle ó noso Deus,

polos séculos dos séculos. Amén''.


13Un dos anciáns preguntoume: ''¿Quen son e de onde viñeron estes que van vestidos de roupa

branca?''. 14Eu respondinlle: ''Meu Señor, ti xa o sabes''. E díxome: ''Estes son os que veñen de pasa-las

 súas grandes penas; lavaron os seus vestidos e branquexáronnos co sangue do Año.


 


 


SAL. RESP. Sal 23, 1-2. 3-4ab. 5-6

R/ (cf 6) Esta é a liñaxe dos que buscan a túa presencia, Señor


Do Señor é a terra e canto a enche,

o orbe e canto nel habita.

2El é quen a fundou sobre os mares

e quen a asegurou sobre as correntes.

3¿Quen poderá subir ó monte do Señor?

¿Quen poderá quedar no seu santuario?

4O que ten as mans limpas e puro o corazón,

o que non pon a mente en cousas vas

e non xura nunca en falso.

5Ese recibirá do Señor bendición

e xustiza de Deus, o seu salvador.


6Así é a liñaxe dos que o buscan,

dos que buscan a presencia do Deus de Xacob.



SEGUNDA 1 Xn 3, 1-3

Veremos a Deus tal como é

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PRIMEIRA CARTA DE SAN XOÁN


Benqueridos irmáns e irmás:

3 1Vede o moito que nos quixo o Pai, para nos chamarmos fillos de Deus e sérmolo de verdade. Por iso o mundo non nos recoñece: porque tampouco non o recoñeceu a El. 2Meus amigos, xa somos fillos de Deus, pero aínda non está á vista o que seremos; sabemos que cando Xesús apareza, nós seremos coma El, xa que o veremos tal e como é. 3Todo o que ten posta en Xesús esta esperanza, trata de vivir unha vida limpa, para ser limpo coma El.


 

ALELUIA Mt 11, 28

Achegádevos a min tódolos que estades cansos

e orpimidos, que eu vos aliviarei, di o Señor



EVANXEO Mt 5, 1-12a

Alegrádevos e exultade, porque a vosa

recompensa é gande nos ceos

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MATEO


Vendo Xesús a multitude, subiu ó monte e sentou. Achegáronselle os seus discípulos, 2e el, tomando a palabra, ensinábaos dicindo:


-3Ditosos os que teñen espírito de pobres,

porque deles é o Reino dos Ceos.


4Ditosos os que choran,

porque eles serán consolados.

5Ditosos os non violentos,

porque eles herdarán a terra.


6Ditosos os famentos e sedentos de xustiza,

porque eles ficarán fartos.

7Ditosos os misericordiosos,

porque eles acadarán a misericordia.


8Ditosos os de corazón limpo,

porque eles verán a Deus.

9Ditosos os que traballan pola paz

porque eles serán chamados fillos de Deus.


10Ditosos os perseguidos por causa da xustiza,

porque deles é o Reino dos Ceos.

11Ditosos vós cando vos aldraxen, persigan e calumnien de calquera xeito pola miña causa: 

12alegrádevos e reloucade, porque grande será a vosa recompensa nos Ceos 

Comentarios

Publicacións populares