Comunicado da Revista Encrucillada

 


Todos os anos por estas datas convocamos o Foro Encrucillada. Este ano non é posible, pois en Galicia están limitadas as xuntanzas a 10 persoas por mor da pandemia.
Na Asoc. Encrucillada non queremos deixar pasar a nosa cita, e no canto do Foro convocamos os COLOQUIOS NA ENCRUCILLADA.
Imos aproveitar os relatorios que tiñamos encargados.
  • Como nace a Biblia, xeración e escritos do Antigo Testamento, por Marta García Fernández, profesora adxunta da Facultade de Teoloxía da Universidade Pontificia Comillas, Departamento de Sagrada Escritura e Historia da Igrexa
  • O Novo Testamento, xeración e escritos, por Carmén Bernabé Ubieta, profesora Titular de Cristoloxía fundamental, Sagrada Escritura e Escritos Xoánicos na Universidade de Deusto (campus Bilbao)
  • Hermenéutica, como ler a Biblia hoxe, por Andrés Torres Queiruga, profesor emérito de Teoloxía Fundamental no ITC e de Filosofía da relixión na USC.
Publicarémolos na Revista Encrucillada 220 (Dec 2020), pero ademais pedimos ás autoras e autor que suxeriran, partindo do texto, preguntas que abran á reflexión, coas que poder animar un diálogo.
A nosa idea é que todas as persoas que queiran afondar na lectura actual da Biblia o fagan, de xeito individual ou en pequenos grupos, lean e reflexionen, poñendo en común achados e dúbidas.
Logo, no mes de febreiro, convocaremos encontros virtuais coas tres persoas relatoras, en diferentes días, cos que poidamos arbitrar un diálogo coas reflexións de todos.
Quedades todos emprazados logo para este traballo de reflexión e formación, individual ou en grupos, e do que vos seguiremos informando en próximos días.
Quedamos á vosa disposición para calquera dúbida ou aclaración neste correo mail
Grazas por seguir aí con fidelidade, e por apostar pola fe e a galeguidade.

 

Saúdos cordiais 
Consello de Encrucillada


MÁIS INFORMACIÓN EN: http://www.encrucillada.gal/

 

Comentarios

Publicacións populares