Facede isto e o Deus da paz será convosco - Flp 4, 6-9
Domingo 27 do Tpo.Ordinario - ciclo A
BENAVENTURANZAS
DOS PROFETAS
Felices os que denuncian calquera mal contra un ser humano,
onde queira que se encontre.
Felices os que non só denuncian,
senón que tamén anuncian coas súas palabras,
o seu compromiso e a súa vida un futuro de esperanza.
Felices os que desterran do seu corazón ser profetas de calamidades,
para converterse en portavoces de boas novas.
Felices os que adestran a súa mirada
para amosar as causas e as consecuencias
das accións sociais e políticas
que atentan contra as persoas máis desfavorecidas.
Felices os que contemplan os signos dos tempos,
fanos motivo de reflexión
e pásanos polo filtro do corazón.
Miguel Ángel Mesa
Comentarios
Publicar un comentario