Facemos memoria da vosa fe e da caridade e da esperanza - 1 Tes 1, 1-5b

Domingo 29 do Tpo. Ordinario - ciclo A


O MANANCIAL

Este desexo, esta necesidade
de retornar mil veces
a onde está  a luz.

Non a onde estivo e apagouse decontado,
senón ao lugar radiante do que sempre
segue e segue manando.

Respirala, bebela
cando a ese sitio os nosos pasos volven,
é completar a vida, o que daquela
apenas foi o non vimos
que no noso transcorrer se demorase.

Regresar a ese limpo manancial:
canta misericordia inesgotable.
Ningún dano se encontra alí ao axexo;
alí o amor non se acaba nunca.

Eloy Sánchez Rosillo

Comentarios

Publicacións populares