Domingo 28 de Ordinario A
Primeira Lectura Is 25, 6-10a
Fará festa o Señor e enxugará todas as bágoas
LECTURA DO LIBRO DE ISAÍAS
Nesta montaña o Señor
dos Exércitos ofreceralles a todos os pobos
un banquete de boas talladas, de viños anellos,
carnes ben condimentadas, viños refinados.
Destruirá nesta
montaña o veo que tapa a todos os pobos, a cuberta que cobre a todas as
nacións.
O meu Señor, Deus dos
Exércitos, destruirá a morte para sempre,
enxugará as bágoas de todas as caras,
afastará de todo o país a vergonza do seu pobo.
Si, díxoo o Señor.
No día aquel dirase:
"Ollade, este é o noso Deus, esperamos nel: El hanos salvar.
Este é o Señor,
esperamos nel, gozaremos e alegrarémonos coa súa salvación".
Si, a man do Señor descansa sobre esta montaña.
Palabra do Señor R/. Grazas a Deus
SALMO RESPONSORIAL Sal 22,
1-3a. 3b-4. 5. 6
R/. (6cd): Eu habitarei na casa do Señor por días
prolongados sen fin.
O Señor é o meu pastor, nada me falta:
En pastos verdecentes faime repousar.
El lévame a beber en augas tranquilas
e repón as miñas forzas;
Guíame por vereas rectas,
por mor do seu nome.
Se tiver de pasar por valgadas sombrizas,
ningún mal temería, pois ti vas comigo:
o teu bastón e o teu caxato son o meu sosego.
Ti pos para min a mesa,
á cara dos meus inimigos;
únxesme con perfume a cabeza,
e a miña copa reborda.
O teu benquerer e a túa misericordia vanme seguindo
todos os días da miña vida.
Eu habitarei na casa do Señor
por días prolongados sen fin.
Segunda Lectura Flp 4, 12-14.
19-20
Teño forzas para todo grazas a quen me fai forte
LECTURA DA CARTA DO APÓSTOLO SAN PAULO AOS FILIPENSES
Irmáns:
Hoxe sei vivir na
miseria e na fartura. En calquera situación estou ensinado para estar farto e
para pasar fame; para ter de abondo e para non ter nada.
Teño forzas para todo grazas
a quen me fai forte. Mesmo así, fixestes ben en tomardes coma vosa a miña
dificultade.
O meu Deus, pola súa
parte, cubrirá todas as vosas necesidades, conforme a súa riqueza, con
magnificencia en Cristo Xesús.
Gloria a Deus, noso
Pai, polos séculos dos séculos. Amén.
Palabra do Señor R/. Grazas a Deus
ALELUIA Cf. Ef 1, 17-18
Se non se canta, pódese omitir
Aleluia, aleluia.
O Pai do noso Señor Xesús Cristo ilumine os ollos do noso corazón,
para que saibamos cal é a esperanza da nosa vocación.
Aleluia.
Evanxeo Mt 22, 1-14 (longa)
Chamade ás vodas a cantos atopedes
LECTURA DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MATEO
Naquel tempo, Xesús
púxose de novo a falarlles en parábolas
aos sumos sacerdotes e aos anciáns
do pobo:
‑ Parécese o Reino dos
Ceos a un rei que celebrou o casamento de seu fillo. Mandou os seus criados ir
chamar polos convidados á voda, pero estes non querían ir.
Volveu mandar outros
criados, encargándolles: "Dicídelles
aos convidados: Mirade que teño preparado o banquete, xa están mortos os
becerros e mais os demais animais cebados; todo está disposto: vide á
voda!"
Pero
eles, sen lles faceren caso, fóronse: un ás súas leiras, outro aos seus negocios. Os demais botáronse aos criados, maltratáronos e matáronos.
Entón o rei, todo
indignado, mandou os seus exércitos, que acabaron cos asasinos aqueles e
prendéronlle lume á cidade. E díxolles
aos criados: "A voda está preparada, pero os convidados non a
merecían. Así que ide ás encrucilladas dos camiños; e a cantos atopedes,
convidádeos á voda".
Saíron aos camiños os criados e xuntaron a todos os
que atoparon, bos e malos, enchéndose de convidados a sala da voda.
Cando entrou o rei
para ollar os convidados, viu un home que non vestía traxe de voda e díxolle:
"Amigo, como entraches aquí sen traxe de voda?" El ficou caladiño:
Entón o rei díxolles aos camareiros:
"Atádeo de pés e mans, e botádeo fóra, ás tebras, onde será o pranto e mais
o renxer dos dentes".
Porque os chamados son
moitos, pero poucos os escollidos.
Palabra do Señor R/. Loámoste,
Cristo
______________________________________________________________________
Ou: 1-10 (máis breve)
LECTURA DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MATEO
Naquel tempo, Xesús
púxose de novo a falarlles en parábolas
aos sumos sacerdotes e aos anciáns
do pobo:
‑ Parécese o Reino dos
Ceos a un rei que celebrou o casamento de seu fillo. Mandou os seus criados ir
chamar polos convidados á voda, pero estes non querían ir.
Volveu mandar outros
criados, encargándolles: "Dicídelles aos convidados: Mirade que teño preparado
o banquete, xa están mortos os becerros e mais os demais animais cebados; todo
está disposto: vide á voda!"
Pero
eles, sen lles faceren caso, fóronse: un ás súas leiras, outro aos seus
negocios. Os demais botáronse aos criados, maltratáronos e matáronos.
Entón o rei, todo
indignado, mandou os seus exércitos, que acabaron cos asasinos aqueles e
prendéronlle lume á cidade. E díxolles aos criados: "A voda está
preparada, pero os convidados non a merecían. Así que ide ás encrucilladas dos
camiños; e a cantos atopedes, convidádeos á voda".
Saíron aos camiños os
criados e xuntaron a todos os que atoparon, bos e malos, enchéndose de
convidados a sala da voda.
Palabra do Señor R/. Loámoste,
Cristo
Comentarios
Publicar un comentario