Cando o malvado se arrede da súa impiedade, salvará a súa vida - Ez 18, 25-28
Domingo 26 do Tpo. Ordinario - ciclo A
BENAVENTURADOS
Feliz o home
curto en palabras,
pero que fai realidade
cada palabra pronunciada.
Felices os caciques
que aprenden o camiño da xustiza
e renegan do seu pasado
desmentindo todas as previsións.
Felices todos os inmorais
queridos e chamados por Deus
para ocupar os primeiros postos
no mundo novo que anda preparando.
Felices os curas e bispos
que non se fían da súa condición
e traballan polo Reino de Deus
recollendo o clamor polo xustiza.
Feliz a xente relixiosa
que esquece algo o camiño das igrexas
e aprende a practicar humildemente
a penosa tarefa da obediencia.
Felices todos os predicadores
que deixan de falar algún día
para escoitaren eles mesmos a noticia
do Deus da conversión, lume e caricia.
Feliz a xente do pobo
que non cre en verbas enganosas
e segue apoiando con fe firme
a xente de palabra
que entre nós nace e loita.
Comentarios
Publicar un comentario