Fará festa o Señor e enxugará todas as bágoas - Is 25, 6-10a
Domingo 28 do Tpo. Ordinario - ciclo A
A LÓXICA DA FE
Acostumado a pagar por todo
preguntei: canto me custa?
Pouco dado ás invitacións
repliquei: que esperas de min?
Convencido de que todo
se fai por un interese
encoraxeime e dixen:
que va gañar comigo?
Non entendes, respondíchesme.
O agasallo son eu.
O que esperas é o Reino.
A fe é gratis.
Crer é unha sorte.
O Evanxeo, unha ledicia.
Estás invitado, vés comigo?
Pedro Fraile
Comentarios
Publicar un comentario