Convertéstesvos dos ídolos para servir a Deus e esperar o seu Fillo - 1 Tes 1, 5c-10
Domingo 30 de Ordinario - ciclo A
O “NOSO PAI” DOS POBRES
Irmáns nosos
que estades no Primeiro Mundo:
para que o seu nome non sexa blasfemado,
para que veña a nós o seu Reino
e se faga a súa vontade,
non só no ceo, senón tamén na terra,
Respectade o noso pan de cada día,
renunciando, vós, á explotación diaria;
non vos empeñedes en cobrarnos a débeda
que nós non fixemos
e que vos veñen pagando os nosos nenos,
os nosos famentos, os nosos mortos;
non caiades máis na tentación
do lucro, do racismo, da guerra;
nós miraremos de non caer
na tentación do odio ou da submisión,
e librémonos uns aos outros de calquera mal.
Só así poderemos rezar xuntos a oración de familia.
Que o irmán Xesús nos ensinou. Amén
Pedro Casaldáliga
Comentarios
Publicar un comentario