Domingo 27 de Ordinario A
Primeira Lectura Is 5, 1-7
LECTURA DO LIBRO DE ISAÍAS
A viña do Señor poderoso é a casa de Israel
1Voulle cantar ó meu amigo a canción do meu amor á súa viña.
Tiña o meu amigo unha viña nunha das fértiles ladeiras.
2 Cavou, quitoulle as pedras, e plantouna de cepa selecta;
construíu no medio dela unha torre e tamén dispuxo un lagar;
esperaba que dese boas uvas, pero só llas deu agraces.
3E agora, habitantes de Xerusalén e homes de Xudá,
facede, por favor, de xuíces,
entre min e a miña viña.
4¿Que máis lle puiden facer á miña viña que non llo fixera?
¿Por que, esperando eu que dese boas uvas, deu tan só agraces?
5Pois agora vouvos dicir o que lle vou facer á miña viña:
quitarlle o valado para que sirva de pasteiro,
romperlle a cerca e que se volva un torreiro.
6Convertereina nun ermo, non se podará nin cavará;
o cardo e mais a silveira medrarán nela;
ós mesmos trebóns mandareilles que non chovan sobre ela.
7Si, a viña do Señor dos Exércitos é a casa de Israel;
e os homes de Xudá, a súa preferida plantación.
Esperaba deles o cumprimento do dereito, e velaí: sangue vertido.
Esperaba deles xustiza, e velaí: berros de auxilio.

Palabra do Señor R/. Grazas a Deus
SALMO RESPONSORIAL Sal 79, 9 e 12. 13-14. 15-16. 19-20
R/. (Is 5, 7a): A viña do Señor é a casa de Israel.
9Arrincaches de Exipto unha vide,
expulsaches nacións para a plantar;
12estendeu as súas ramas ata o mar
os seus gromos ata o río.
13¿Por que lle derrubaches os valados,
para que a vendimen cantos pasan?
14Os xabarís estragan nela
e devórana as bestas do campo.
15Dá a volta, Deus dos exércitos,
olla desde o ceo e ve.
Atende esta vide,
16este bacelo que plantaches coa túa man,
o bacelo que ti fortaleciches.
19Non nos afastaremos máis de ti;
dános vida de novo, e invocaremos o teu nome.
20Restáuranos, Señor dos exércitos;
móstrate e seremos salvos.
Segunda Lectura Flp 4, 6-9
LECTURA DÁ CARTA DO APÓSTOLO SAN PAULO AOS FILIPENSES
Facede isto e o Deus da paz será convosco
Irmáns:
6Non desacouguedes por cousa ningunha. En todo presentádelle a Deus as vosas peticións con oracións de súplica e acción de grazas. 7E a paz de Deus, que supera toda intelixencia, custodiará os vosos corazóns e os vosos pensamentos en Cristo Xesús.
8Do resto, meus irmáns, todo o que sexa verdadeiro, todo o que sexa serio, todo o que sexa xusto, todo o que sexa enxebre, todo o que sexa estimable, todo o que sexa honroso, calquera virtude ou mérito que haxa, iso é o que debedes estimar. 9O que aprendestes, recibistes, oístes e vistes en min, iso é o que tedes que levar á práctica. E o Deus da paz irá convosco.
Palabra do Señor R/. Grazas a Deus
ALELUIA Cf. Xn 15, 16
Se non cántase, podar omitir
Aleluia, aleluia.
Eu escollinvos do medio do mundo, para que vaiades e frutifiquedes,
e ou voso froito dure, dei ou Señor.
Aleluia.
Evanxeo Mt 21, 33-43
LECTURA DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MATEO
Arrendou a viña a outros labradores
-Escoitade outra parábola:
Dunha vez había un propietario que plantou unha viña; rodeouna dunha sebe, cavou nela un lagar e construíu un caseto para o garda. Logo, arrendóullela a uns viñateiros e marchou para lonxe.
34Cando chegou o tempo da vendima, mandou os seus criados ós viñateiros, para cobrar as rendas. 35Pero os viñateiros agardáronos, e a un zorregáronlle, a outro matárono e a outro apedrárono. 36De novo mandou outros criados, máis numerosos; pero tratáronos do mesmo xeito.
37Por último, mandoulles o seu propio fillo, dicindo para si: "O meu fillo hano respectar". 38Pero os viñateiros, ó veren o fillo, comentaron: "Este é o herdeiro: veña, matémolo, e a herdanza será nosa". 39E agarrárono, botárono fóra da viña, e matárono.
40-Ben, ¿e cando veña o señor da viña, que fará cos viñateiros aqueles?
41Respondéronlle:
-A eses malvados faraos morrer de mala morte, e arrendaralles a viña a outros viñateiros, que lle paguen as rendas no seu tempo.
42Díxolles entón Xesús:
-¿Seica non lestes nunca na Escritura:
A pedra que desbotaron os canteiros
é agora o esquinal:
esa pedra colocouna o Señor,
¡que regalía para nós!?
43Por iso dígovos: quitarásevos a vós o Reino de Deus, e daráselle a un pobo que produza bos froitos. 44Quen caia enriba desa pedra, esnaquizarase; pero aquel sobre quen ela caia, ficará esmagado.
Palabra do Señor R/. Loámoste, Cristo
Comentarios
Publicar un comentario