Teño forzas para todo grazas a quen me fai forte - Flp 4, 12-14. 19-20

Domingo 28 do Tpo. Ordinario - ciclo A


EN-REDADOS, ACOMODADOS, ATRAPADOS

A mesa común,
a mesa de toda a humanidade, espérate. Pero...
Case sen pensar o sistema imperante 
enrédate nas redes sociais do momento:
convocatorias, sucedidos, fotografías suxestivas,
compras, vendas, famosos, ídolos da música, do cine, etc.
Máis tamén, por estas redes, aparecen eventos, situacións, convocatorias, 
concentracións e retos nos que paga a pena enredarse.

Certo é que os costumes, o de sempre atrápate 
e sitúate dentro da orde establecida 
cóntancho de tal xeito que te enganchan 
os desexos dun corazón brando e manipulable.
Máis tamén hai ocasións que te atraen, seducen e colócante na tesitura 
de responder gratuitamente co que a cabeza e o corazón te indican.

Todo isto nada, ou case nada, é o que a vida das institucións te  pide 
ou che ofrece para sentirte ben, responder á solicitude 
e estar a gusto coa túa conciencia cidadá.
Pero, si realmente escoitas a vida que hai fóra de ti, 
non te podes conformar, quedarte quedo...
facilmente saes da comodidade e emprendes novas aventuras.
A mesa común, a mesa de toda a humanidade, si, espérate.
EVD






Comentarios

Publicacións populares