Collín a man dereita de Ciro para someter ante si os pobos - Is 45, 1. 4-6

Domingo 29 do Tpo. Ordinario - ciclo A


SER CRISTIÁNS E SER CIDADÁNS

Hoxe e sempre, gústenos ou non,
preguntar pola licitude dun imposto,
cando tempos diñeiro e patrimonio
e vivimos moi dignamente.
É querer defendernos fronte a outros
–sexan o césar ou a facenda pública,
os pobres da beirarrúa ou a propia conciencia- …

Aquel día mirándonos aos ollos dixeches
ao César o que é do César e a Deus o que é de Deus”,
abriches unha brecha no horizonte:
proclamaches a soberanía de Deus Pai,
a autonomía da creación enteira,
a liberdade de conciencia das persoas,
a repulsa de toda ideoloxía política e relixiosa
e o uso de Deus para os nosos intereses.

Sabemos que non é evanxélico
chegar a Deus pola presión do poder que impera
nin defender o estado apelando á súa vontade.
Co proxecto de Deus non se xoga.
Non hai ninguén por grande que sexa,
dentro ou fóra da Igrexa,
que poida apropiarse do mesmo, ou facerse o seu guía,
apelando a poderes, leis e costumes ou á graza divina...

Por iso, Señor, ensínanos a ser cristiáns e cidadáns.


Ulibarri Fl.




Comentarios

Publicacións populares