Mes de María - Explicación das ladaíñas do Sto.Rosario II

Despois de analizar estes titulos de María que se repiten constantemente dentro das ladaíñas, agora explicarémos a continuación o significado e fundamento bíblico de cada unha delas, na orde polo que aparecen en todos os libros de oracións.

- Santa María
Alégrate!, chea de graza, o Señor está contigo»." (Lc 1, 28). Ver a sección "Santa".
"Ti es bendita entre todas as mulleres e bendito é o froito do teu ventre!" (Lc 1, 42). María é a única muller que foi bendicida de maneira extraordinario como é o ser a Nai do Salvador.

Na Biblia fálasenos doutra muller, Xael, de quen di que é "Bendita entre as mulleres que habitan en carpas!" (Xuíces 5, 24), por que ao inimigo, Sísara "[...] partiulle a cabeza, machucoulle e atravesoulle a tempa." (Xuíces 5, 26). Pola contra, María é bendita non só entre as mulleres das carpas, senón entre todas as mulleres, por que lle esmagou a cabeza ao inimigo, Satanás, ao nacer sen mancha para poder albergar no seu seo ao Santo dos santos.

- Santa Nai de Deus
(Isaías 7,14) (Lc 1, 26-38) Xesús é Deus (Xn 1, 1) (Lc 1, 43)
Non é o mesmo ser Nai de Deus que Creadora de Deus, son dúas cousas moi distintas. Véxase É seica María a Nai de Deus?.
María, ao ser a Nai de Xesucristo, é Nai dun perfecto Home, pero tamén do perfecto Deus.

- Santa Virxe das virxes.
(Isaías 7, 14) (Lc 1, 26-38). Véxase a sección "Virxe".
Ademais de non coñecer home, fíxoo só por amor de Deus, o cal a converte en Virxe e dálle unha distinción entre todas as demais. A virxinidade de María non é común, é única, perfecta, sublime e que engadiu á súa Pureza Virxinal un selo de consagración e de perpetuidade.

- Nai de Xesucristo.
"Concibirás e darás a luz un fillo, e poraslle por nome Xesús". (Lc 1, 31).
Cando María contesta "Fágase na miña, segundo a túa palabra", Deus Fillo faise home. Desde ese momento Xesucristo xa é fillo de María, e ela a súa nai.

-Nai da Divina Graza.
Esta ladaíña significa dúas cousas: que é Nai de Cristo (a Graza Suprema) e que é mediadora de todas as grazas. Cristo, manancial da divina Graza. María, Nai de Cristo, Nai da divina Graza. Por iso o Anxo Gabriel a chama "Chea de Graza".

- Nai Purísima
(Lc 1, 28). Véxase "Chea de Graza" na sección "Santa".
María non coñeceu home, tivo parto virxinal. Limpa de corazón. Toda a súa alma en Deus Pai, todo o seu corpo en Deus Fillo; todo o seu espírito en Deus Espírito Santo.

- Nai Castísima
Castidade é ofrecer todo o propio ser ao servizo dos plans de Deus. Así o fixo María cando acepto a vontade de Deus e converteuse en Nai do Salvador.

- Nai intacta ou inmaculada
(Lc 1, 28) Véxase "Chea de Graza" na sección "Santa".
Era lóxico que o Fillo de Deus se procrease nunha carne sen pecado algún. A Deus non lle pode ver cara a cara senón alguén sen pecado (Apocalipse 22, 14). Así como a Morada era santa e pura por que o Señor cubríaa coa súa gloria (Éxodo 40, 34-35), así tamén era María, cando Deus Trino descendeu plenamente nela (Lc 1, 35). Isto aplica tamén para a ladaíña de "Nai sen mancha".

- Nai amable
As Escrituras din que María se tomou a molestia de ir a casa da súa curmá Sabela cando se decatou que esperaba un fillo, e permaneceu ao seu coidado ata que Sabela deu a luz. Tamén foi atenta cando se decatou de que faltaba viño nas vodas de Caná.
A Biblia tamén di que "Deus é amor, e o que permanece no amor permanece en Deus, e Deus permanece nel." (1 Xn 4, 16). En María tamén se cumpriu isto, pois Deus permaneceu nela, non só espiritual, senón tamén fisicamente nela. Ese amor demostrouno tamén ao ser nai.


Comentarios

Publicacións populares