Quedaron cheos do Espírito Santo e puxéronse a falar - Feit 2, 1-11

Pentecoste - ciclo B


PARA MEDRAR NO ESPÍRITO

Canto nos cómpre o teu Espírito, Pai,
canta falla fai que nos envolva
como envolveu ao mesmo Xesús!

Para que rache e desfaga
todas as portas pechadas,
tras das que refuxiamos a nosa covardía.
Para que nos faga abertos e tolerantes,
confiados no noso anaco de verdade,
pero abertos ao outro anaco que teñen os demais.

Canto nos compre o teu Espírito, Pai!

Para que nos abra ao mundo,
e nos faga ver no mundo
a semente de ben e de xustiza
que ti agarimosamente alí sementaches.

Para que a paz abunde en nós,
e coa paz a ledicia,
e coa ledicia a atención aos outros,
e coa atención a solidariedade máis completa,
e coa solidariedade a reconciliación entre todos.
E así se faga o teu Reino.

Canto nos compre o teu Espírito, Pai!
Hoxe, máis ca nunca, queremos abrirlle as portas,
para sermos nel xente nova para ti e para o mundo.


Comentarios

Publicacións populares