A todos nos bautizaron nun único Espírito, para formarmos un único corpo - 1 Cor 12, 3b-7. 12-13
Pentecoste - ciclo B
ÁBRELLE A PORTA
AO ESPÍRITO
Chegou o Espírito!
Non o sentes?
Non oes como peta á túa porta?
Ábrelle e alégrate con El.
Ábrelle
E deixa que revolva a túa casa toda.
Están as cousas demasiado fixas,
demasiado ordenadas.
Pouco a pouco, sen querelo,
fuches pechando todas as fiestras;
todo está balorento e cheira a pechado.
Están as cousas demasiado tranquilas,
demasiado mortas,
na túa parroquia, na túa xente.
Non pensas en nada diferente.
Estás canso.
Estás demasiado convencido
de que todo ha ser como é,
aínda que estea e vaia mal.
Ábrelle a porta ao Espírito!
Faiche falla!
Ábrelle a porta e verás!
Están as cousas moi tristes
nesta terra de mazurcas,
de xílgaros e camelias.
Ábrelle a porta ao Espírito!
E faraste construtor da terra nova
e os ceos novos
que Deus regala a quen loita.
Comentarios
Publicar un comentario